Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 mars 2006

PREMIO ÁNXEL FOLE DE RELATO

Marica Campo, Xoán Cuba e mais eu decidimos que o mellor relato dos presentados no Premio Ánxel Fole de relato curto, que organiza o Concello de Lugo, foi O legado turbulento dos xemelgos Salinas do coruñés Iván García Campos. O segundo mellor pareceunos...
Publicité
Publicité
17 novembre 2006

CASE QUE ASINTO

Diego Ameixeiras: "Galicia é un país tremendamente conservador. O pensamento reaccionario está instalado navida social, cultural e política, e hai mesmo un respecto relixioso pola tradición literaria que me asusta moito. Desgrazadamente, o único que parece...
3 décembre 2006

CONTOS PARA ALMORZAR

Cando era rapaz, descubrimos que Iñaki ceaba se eu lle contaba unha historia. Durante anos, apliqueime no exercicio cotián de entretelo para que comese cun conto improvisado. Foi un bo exercicio. Sara érguese cedo e varias veces intentei entretela con...
9 janvier 2007

PÉRULA

O meu aita aprendeulle á miña filla unha vella canción liberal que entoaba adoito o meu aitxitxe. "Pérula, Pérula, Pérula, los carlistas en el monte Pérula, Pérula, Pérula, los liberales venían detrás y venían los carabineros y venía la Guardia Foral...
17 janvier 2007

'VIAXES NO SCRIPTORIUM' TÍRASE O DÍA 1

Viaxes no scriptorium de Paul Auster estará nas nosas librarías o día 1, segundo anunciou Galaxia. A editorial explica que "a novela se centra no propio taller literario de Auster" narrando a fición dun "home, vello e só, sentado nun cuarto no que hai...
Publicité
Publicité
18 janvier 2007

OS MORTOS RETOMAN A CARREIRA

Ángel de la Cruz confìa en volver traballar en maio. Mantén guión, equipo e localización. Rebaixou o orzamento de tres a un millón e as semanas de rodaxe de 11 a 8. Conta con axudas da Xunta (135.000) e TVG (120.000). Buenavista achegaralle 450.000 euros...
21 janvier 2007

PREMIO PLÁCIDO CASTRO DE TRADUCIÓN

O Premio Plácido Castro 2006 concedeuse ex aequo a Xoán Montero, pola tradución de O banqueiro anarquista, de Fernando Pessoa, e a Ekaterina Guerbek (texto revisado por Maite Veiga), pola tradución de Diario dun tolo, de Gógol. Asimesmo, recoñécese con...
25 janvier 2007

MODELO PARA ARMAR

Os escritores de contos sempre me pareceron, por dicilo ao xeito dunha tía miña, "librepensadores"; xente de pouco orde, bohemia e trasnoitadora que carece de folgos para escribir. Aínda así, non podo negar as miñas debilidades. Léolle a Camilo esa teoría...
4 février 2007

PRESENTAMOS A SEGUNDA EDICIÓN DA COVA

Xa hai quen llelo anunciou, pero Xosé Victorio Nogueira, Manuel Bragado e máis eu presentamos ás 19.00 horas de mañá (luns, día 5) na Biblioteca Fundación Caixa Galicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16, de Santiago) a segunda edición. Non é que nos dediquemos...
12 septembre 2006

LUCÍA E O PLAXIO

Coñecín a Lucía uns meses antes de publicar o seu éxito. Foi en Lugo, era moza dun amigo meu. Faloume tan ben sobre min que me puxen roibo. Os seus pais e o meu son do mesmo porto. Logo cadroume estar con ela cando lle deron o premio; bailaba desbocadamente...
17 avril 2007

A FELICIDADE DO PLAXIADO

Manuel Vicent anunciou hai uns anos que ía tirar unha recompilación de artigos co título de Todo a cien. Atento aos antecedentes con Días contados, armeime de argumentos para iniciar unha demanda na defensa do meu traballo. Logo, esquecín o asunto. Leo...
18 avril 2007

UNHA CHISCADELA DE WONG KAR-WAI

Hai uns días estiven mirando unha película de Wong Kar Wai do ano 2000, e reparei en que, a habitación que aluga o escritor do filme é a 2046, título que usou o director na cinta do ano 2004 (Seguro que agora xurde o sabichondo máis sabichondo do cinema...
3 mai 2007

65.000

Inicio a miña homenaxe a un dos grandes do Dream Team Galego empezando unha novela que agardaba na miña Biblioteca da Xubilación, integrada polos volumes que lerei cando teña vagar. Fixen unha excepción. Agustín, ademais de estar entre os nosos mellores...
6 mai 2007

RIVAS GAÑA O PREMIO ALEG DE NARRATIVA

Os 320 socios da AELG decidiron conceder estes galardóns: -Premio de Narrativa: Os libros arden mal de Manuel Rivas. -Premio de Literatura Infantil e Xuvenil: Abracadabras de Marica Campo. -Premio de Poesía: O pan da tarde de Xabier Rodríguez Baixeras....
17 mai 2007

POESÍA POPULAR

A montaña non ía a Mahoma e Mahoma foi á montaña. A poetisa lembrada este ano residiu perto durante moitos anos. Aínda a lembran como "simpática", "falangueira", "non demasiado guapa" e "un chisco fina" porque non quería cebar nin sachar para completar...
21 mai 2007

O FUTURO DE CULTURGAL

Uns e outros están satisfeitos coa iniciativa. "O caso era poñela en marcha", coinciden eludindo ceder ao neoliberalismo das cifras. "Durango é Durango porque leva 45 anos sendo no mesmo sitio e nas mesas datas", apunta un libreiro. O debate está agora...
26 décembre 2006

O PARAÍSO SEGUNDO DEUS

Deus fala sobre o Paraíso nunha conversa sobre o seu novo libro. ¿Quen o coñece mellor ca el? Hai un tipo que fai a introdución e peitea o cabelo igualiño que San Pedro. (De non lles interesar o que di, poden picar na marquiña azul que está no medio da...
10 juillet 2007

ARTE, PARTE, MARTE

Unha caste de intelectual que me rilla no fígado é esa, tan abundante, que, orfa doutros méritos que o de dispor dunha columna nun xornal ou dun tempo para opinar nunha radiotelevisión, consagra esa sorte a queixarse da nula atención que a sociedade do...
11 juillet 2007

UN BELO PREMIO CASINO DE SANTIAGO

A obra On beatuy de Zadie Smith gañou o Premio de Novela Europea Casino de Santiago, polo que será publicada por Galaxia. As finalistas foron Os libros arden mal, de Manuel Rivas (Xerais); A ciegas, de Claudio Magris (Anagrama); A medición do mundo, de...
30 janvier 2007

O NOBEL QUE GAÑOU A CIA

Un historiador asegura que Boris Pasternak foi Nobel grazas á CIA. Os espías norteamericanos ocupáronse de que houbese unha versión en ruso, o que era imprescindible para recibir o premio. Segundo a investigación, chamada A novela branqueada, os axentes...
16 septembre 2007

AS TERRAZAS ALLEAS

Volvo mirar unha de Moretti. Miráraa a cachos e tiña ganas de sentar enfronte dela cun vagar de hora e media ao meu carón. Entusiásmame, In Vespa, esa primeira parte na que percorre Roma. Comparto o seu pracer por pasear polos bosques de arquitecturas...
25 décembre 2007

A GRAN VOLTA DE SEIDLER

O Olentzero, que me debe de coñecer ben, deixoume o delicioso The grand tour, de Harry Seidler. O libro é unha volta ao mundo en fotografías dos mellores traballos arquitectónicos reunida en case que seiscentas páxinas. O que me gusta do volume, a maiores...
8 janvier 2008

O NATAL DO 'NADAL' FOI EN ALFOZ

Lo que sé de los vampiros foi escrito durante un deses vellos veraneos de tres meses que Francisco Casavella pasou no 2007 en Alfoz, nunha casa alugada na caeira dunha fortaleza de Pardo de Cela. O pai de Casavella era un mestre de A Campá que chegou...
22 janvier 2008

90-60-90

Linlle a Camilo Franco por algures (non son quen de atopar o artigo, perdón) que había unha xeración de escritores sen definir. El daba as cifras 60 e 90. Eu concordo co señor Franco en que hai unha chea de autores que empezaron a publicar nos 90 e que...
23 janvier 2008

¿HANDKE APAGA A LUZ?

A miña relación con Peter Handke resúltame estraña dende a primeira vez que o lin. Nada ten que ver co que me gusta en literatura, moito máis narrativo, mais gústame. Lento regreso e La doctrina de Saint-Victoire influíronme en grande medida, están aboiando...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité