Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2012

AS FARFALLADAS DUN PINTOR DE BROCHA GORDA

AS FARFALLADAS DUN PINTOR DE BROCHA GORDA
Kikujiro era o máis pobre e covarde daquel barrio miserable no Toquio dos anos 60. A súa biografía repartíase entre gatuñar "coma un mono" polas fachadas inseguras do polígonos de vivendas en desenvolvemento e asolagar a súa alma nos bares noturnos. A...
Publicité
Publicité
19 décembre 2012

A DESPUTA DA PEL

A DESPUTA DA PEL
Ben sabida é a historia de José María Gurtubay, que empezou facendo contrabando de bacallau e acabou por fundar o Banco de Bilbao, que xa escribira Tolstoi que, tras cada fortuna hai un crime. En 1856 fixo un pedido de «100 ó 120 bacallaus», que o telegrafista...
20 décembre 2012

MEDIDAS ILUSAS, RESPOSTAS INFRUTUOSAS

MEDIDAS ILUSAS, RESPOSTAS INFRUTUOSAS
Nunca fixen unha listaxe de negras. No suposto de enumeralas figurarían 'El percherón mortal' (Ediciones B), de John Franklyn Bardin, e 'El perro canelo', que George Simenon escribiu en 1931 e que Acantilado recupera nunha gloriosa edición. Ambas as dúas...
24 décembre 2012

XAPÓN TEN AS ESTRADAS LIBRES DE TOUROS DE OSBORNE

XAPÓN TEN AS ESTRADAS LIBRES DE TOUROS DE OSBORNE
O DIRECTOR xaponés Takeshi Kitano é popular por ese karaoke da zoupada chamado Humor amarillo, coma poderíamos saber de Antón Reixa polo Supermartes. Kitano ten outra dimensión, recoñecida polos críticos de cinema. As súas memorias de infancia, Kikujiro...
26 décembre 2012

O MAR CONFUNDIDO COA TERRA

O MAR CONFUNDIDO COA TERRA
Hai un tópico secular que indica que o home é o único animal que se enfronta en solitario á morte. En realidade, todo ser vivo enfronta a morte acompañado unicamente da súa individualidade, aínda que na temos unha excepción na Chaira. O capón enfronta...
Publicité
Publicité
28 décembre 2012

COMER, LER E AMAR EN PARÍS

COMER, LER E AMAR EN PARÍS
Ernest Hemingway fixo prácticas como novelista en París. Os seus exercicios eran decenas de informacións para o xornal canadiano Toronto Daily Star entre 1922 e 1923, que serven á editorial Elba como base para a trintena de artigos breves que selecciona...
1 janvier 2013

PARDO BAZÁN AMÓSANOS A SÚA CASA

PARDO BAZÁN AMÓSANOS A SÚA CASA
O Apalpador xa ten o seu nome escrito con letras de incienso e mirra nese paseo da fama que é o Foro Coches. Ese portal reproduce virtualmente os talleres mecánicos: homes con manchas de camuflaxe graxento discuten sobre motores entre neumáticos e calendarios...
2 janvier 2013

NI POR TRES, NI POR SEIS, NI POR NUEVE MIL REALES

NI POR TRES, NI POR SEIS, NI POR NUEVE MIL REALES
SEMPRE marchan os mellores. Aínda peor: marchan sen que ninguén se decate. Na Noiteboa cruceime con Xurxo Borrazás. Formulei esa preguntada desganada de crise que nos facemos os escritores: «Para cando un novo libro?» A Borrazás requerinlle unha resposta...
3 janvier 2013

UN CALENDARIO NOVO PARA OS SHOGUN

UN CALENDARIO NOVO PARA OS SHOGUN
Empecei o ano secando copas, a encarga que os manuais do bo goberno doméstico nos reservan aos incapaces. En Radio 5 volvía De Guindos co seu loop, tan axeitado para un max mix ibicenco: "No derradeiro trimestre do ano empezará a recuperación". Os coros,...
4 janvier 2013

O CADELO CANELO

O CADELO CANELO
Estou descubrindo as novelas policíacas de George Simenon grazas ao traballo de exhumación de Acantilado. Infórmome de que as exasperantes vixilias diante da casa do delincuente agardando a que meta a zoca para conseguir probas implicatorias non conlevan...
8 janvier 2013

ESCAPAR Á INDIA

ESCAPAR Á INDIA
Jonathan Franzen apuntaba nunha conferencia sobre ficción autobiográfica algunhas preguntas de plantilla que debe contestar todo escritor. A charla, que se recolle en Más Afuera (Salamandra), comeza polas cuestións das influencias. Como resulta connatural...
7 janvier 2013

O BICICLETA PERCORREU CEN ANOS

O BICICLETA PERCORREU CEN ANOS
CANDO XOGABA ao fútbol de rapaz, Francisco Fernández del Riego era alcumado O Bicicleta. El atribúe ese sobrenome a que era «un extremo moi rápido», pero talvez proceda doutra virtude ciclista: a constancia. O intelectual de Lourenzá (1913) rexeu toda...
9 janvier 2013

UNHA MOCIDADE QUE SE MIDE POR MUÍÑOS

UNHA MOCIDADE QUE SE MIDE POR MUÍÑOS
A mocidade en Vilalba non se mide por anos, senón por muíños. O río Madanela rodea a vila nunha aperta que nunca dá pechado, polo que os veciños aproveitaron para ubicar muíños: Os Novos, Os Pasos, O Rañego e Os Freires. Os nenos aproveitaban o lecer...
13 janvier 2013

MANSOS E DERROTADOS

MANSOS E DERROTADOS
O corpo é unha estrutura dotada de lóxica interna, pero carente de lóxica abstracta. Os homes temos que usar unha man para erguer un tubo de carne aburatado para expulsar os líquidos de refugallo. As mulleres deben agacharse nunha submisión imposta pola...
15 janvier 2013

NUNCA REPETÍA DORMITORIO

NUNCA REPETÍA DORMITORIO
O único disco de Bruce Springsteen que me interesa é Nebraska. O resto, acáeme soberbio, no senso máis censurable. Ese álbum de 1982, que interpretou a voz, guitarra e armónica, é unha carta ao primeiro folk norteamericano, o que terían cantado nas películas...
16 janvier 2013

A PATACA ORIXINAL

A PATACA ORIXINAL
A última polémica gastronómica é a da procedencia da pataca fritida. Os litigantes son Francia e Bélxica. Ambas as dúas denominan á pataca, en francés, mazá de terra . A lenda belga está tamén protagonizada por pescadores. Un arrepiante inverno de xeadas...
19 janvier 2013

A BUSCA DOS NÓMADES

A BUSCA DOS NÓMADES
Bruce Chatwin escribiu a súa primeira carta aos seus pais cando tiña oito anos. A misa do domingo viña de rematar no colexio Old Hall, de Shrospshire. Ao longo dos 40 anos que se sucederon detrás nunca deixou de escribir cartas. A poetisa Pam Bell aseverou...
20 janvier 2013

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO
A pregunta máis habitual sobre Ribadeo é se é a última vila de Galicia ou a primeira de Asturias segundo se colle a autovía do Cantábrico. Esa autoestrada é outra vítima da mentalidade radial dos deseñadores españois de infraestruturas, incapaces de ceder...
21 janvier 2013

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO
HAI ESCRITORES que imprimen o seu exhibicionismo a ferro e lume ata a derradeira cea. Puidemos coñecer os manuscritos de Franz Kafka grazas a que Max Brod ignorou a encarga do amigo para que queimase os manuscritos que lle legaba tras o seu pasamento....
22 janvier 2013

MAGNITUDES

MAGNITUDES
O papagaio do mar atende as súas crías segundo criterios propios de Esparta. Andaba agora léndollo a Jonathan Frazen en Más afuera (Salamandra) As femias paren nas covas dos cantís oceánicos. Durante seis semanas miman e alimentan ao pitiño, pero, rematado...
24 janvier 2013

BOAS CAMAS PARA SOLTEIROS

BOAS CAMAS PARA SOLTEIROS
Unha amiga de Eric Blair recoñece que "era coma unha vaca cun tra buco". Confesa que "chorabamos de risa comentando os textos que nos dera a ler". O aspirante a escritor rexeitara unha educación oxbridge. Marchara servir como policía do Imperio naquela...
26 janvier 2013

LANCHAS NAS PALLEIRAS

LANCHAS NAS PALLEIRAS
Manolo de Charo sabe agardar. Aprendeu a fins de 1990 cando andaba embarcado nun petroleiro de 270 metros de eslora. "Mandábanos apagar as luces, estar calados e agardar", lembra daquel inverno de guerra no Golfo Pérsico que contrasta co seu sorriso tímido...
29 janvier 2013

A DIVINIDADE ARTIFICIAL

A DIVINIDADE ARTIFICIAL
A LITERATURA testamentaria debe de ser a lida con máis detemento, e, dende logo, a que máis interpretacións xera. O testamento máis estrafalario que lin foi o de Franco. As monxas que me daban clase en Ribadeo percibiron que debían informar a nenos de...
30 janvier 2013

OS SOBRES NON VIAXAN DE MAN EN MAN

OS SOBRES NON VIAXAN DE MAN EN MAN
Os sobres non viaxan de man en man como antaño. Hai preocupación na industria papeleira. Acordei de Los Soprano: licencias para construír, adxucacións de obras públicas, contratos para xestionar o lixo,... nada escapaba ás argalladas da familia Soprano....
1 février 2013

GALICIA 1.992.2000

GALICIA 1.992.2000
Cada vez que cociño unhas patacas á rioxana, pregúntome pola esencia rioxana desta culinaria. Equiparablemente, podería ser outra desas marcas maragatas na nosa cociña. Esa estraneza reconducina cara ao recordo do apuntamento que, como país, nos representa...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité