Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 mai 2013

O PAN NOSO DE CADA DÍA

O PAN NOSO DE CADA DÍA
O debate é tan vivo como irresoluble. Mediodía a mediodía asisto a un exame dos pans que compro por parte dos meus fillos. Eu consumía un pan de habitual, que nunca me soubo abondo amargo, excesivamente duro de codia nin necesitado de máis levadura. Con...
Publicité
Publicité
1 juin 2013

O OCIO BIZANTINO DE MÉNDEZ E GAYOSO

O OCIO BIZANTINO DE MÉNDEZ E GAYOSO
Acordei imaxinando que farán José Luis Méndez e Julio Gayoso este sábado pola mañá, cal será o seu ocio bizantino. Seguía onte lendo a Julien Gracq, A lo largo del camino (Acantilado). Xanta co seu amigo Ernst Jünger, o feroz autor de Tempestades de acero...
4 juin 2013

AS MIL E UNHA NOITES DE ERDOGAN

AS MIL E UNHA NOITES DE ERDOGAN
Xavier Queipo apuntaba onte un intelixente matiz en Facebook sinalando que "[o que acontece en Turquía] é unha proba máis de que o islamismo moderado é un conto. Os estados teñen que ser laicos e non impor as súas ríxidas e tantas veces absurdas conviccións...
7 juin 2013

A HABITACIÓN DO FILLO

 A HABITACIÓN DO FILLO
Pedro J. padece unha viuvez que non acaba de asumir. A Sara Montiel aconteceulle: finou Pepe Tous e inventouse relacións de trampantollo con novos para encher a fornela que ocupaba a talla do santo. A Pedro J. morreulle Umbral e quedoulle unha habitación...
28 juin 2013

UN TARRO DE XELADO E UN GATO SUAVE

UN TARRO DE XELADO E UN GATO SUAVE
A miña filla vén de explicarme que «cando te deixa un mozo fas dúas cousas: comes un tarro grande de xelado e adoptas un gato». Diante da presumible experiencia nula de Sara en noivados (ten 11 anos), pregúntolle pola orixe da tese. Explícame que procede...
Publicité
Publicité
10 août 2013

A TODO FILISPíN

A TODO FILISPíN
Erri di Luca conta en Montedidio (Rinoceronte)un chiste que me divertiu: Un xinete pasa correndo polo centro da vila a todo filispín. Un vello sentado na praza dálle preguntado "Onde vai?" "Non sei! Pregúntelle ao cabalo!" Abonda con poñer o nome dun...
15 août 2013

1.000 PALABRAS PUBLICABLES

1.000 PALABRAS PUBLICABLES
O punk xorde, no plano musical, como reacción fronte ao virtuosismo das macrobandas que reinaban nos anos 70. Ben mirado, foi un movemento fondamente conservador porque pretendía revertir a evolución da música popular a ese momento en que calquera interesado...
2 août 2013

AS COUSAS QUE FALAMOS COS AMIGOS

AS COUSAS QUE FALAMOS COS AMIGOS
As tres horas das que dispuña para volver ao xornal ao mediodía estaban medidas ao minuto: comprar un boliño de pan, cociñar arroz con xato, xantar lendo o periódico, botar unha soneca e, se cadraba, avanzar na lectura de Pietr El Letón (Acantilado) de...
19 août 2013

UNHA PELOTA IRROMPE NO ROSARIO

UNHA PELOTA IRROMPE NO ROSARIO
Eu son moi visitón de igrexas. Valoro que me ofrezan unha combinación de arquitectura, escultura, mítica e espiritualidade nun único espazo. No entanto, a última vez que me adentrei nun templo católico, a miña actitude ficou lonxe de ser a noite escura...
24 août 2013

O MEU FUTURO DECIDIUSE NUNHA CANCHA DE BALONCESTO

O MEU FUTURO DECIDIUSE NUNHA CANCHA DE BALONCESTO
A miña primeira decisión sobre o meu futuro tomeina nunha cancha de baloncesto. Era unha tarde dos 18 anos recén inaugurados e botei varias horas en solitario, nun campo con canastras que aínda hai cerca da miña casa primeira, A Casa do Gato. Lanzaba...
5 septembre 2013

EXTINCIÓN 2046

EXTINCIÓN 2046
Ás veces imaxínome no 2046. A cifra é aleatoria. Supoño que se me ocorre pola película de Wong Kar Wai. Hai un señor co que me cruzo moitas veces na redonda do meu traballo. Representa máis de sesenta anos, o seu corpo é esvelto e forte, pero a cara non...
9 septembre 2013

O HOME QUE TENDE A CAIXA DE ZAPATOS

O HOME QUE TENDE A CAIXA DE ZAPATOS
Todo o que me informou o amigo do amigo que me acollía na casa de Duque de Sevilla esquina Príncipe de Vergara, en Madrid, era que íamos a un gratis. Un gratis era unha festa doméstica exenta de bote común, o evento máis cobizado cando tes vinte anos...
12 septembre 2013

19.32

19.32
A teoría aceptada máis acriticamente polos xornalistas de Madrid que reflexionaron sobre o ambiente que se vive en Cataluña é que unha elite política e un sistema educativo dan enganado a millón e medio de persoas para que deixasen outras ocupacións máis...
13 septembre 2013

O ESTOUPIDO LIBERADOR

O ESTOUPIDO LIBERADOR
Unha das pintadas mais macabramente ridículas que lin foi aquela que cuspía a columna dunha ponte segundo se descende da A-6 en Rábade. Sinalaba que un xornal galego apuntaba para que Amedo disparase. Daquela, en pleno ferver criminal dos GAL, representábame...
17 septembre 2013

ESOUTRO 11-S

ESOUTRO 11-S
Salvador Allende protagoniza, con toda lóxica, as redes sociais dende o 11S. Nese día apenábannos os corenta anos do varrido da democracia en Chile. Pinochet contara coa anuencia dos amigos do Norte, sempre tan coidadosos co respecto interno ás regras...
26 septembre 2013

A IMPUTADA QUE LÍA A HANNAH ARENDT

 A IMPUTADA QUE LÍA A HANNAH ARENDT
O título deste comentario semella propio dunha novela da serie do ladrón Bernie Rhodenbarr de Lawrence Block. Si, a imputada de Santiago lía a Hannah Arendt; unha mostra máis desa grande mentira que lles contamos aos nosos cativos de que a ler nos fai...
2 octobre 2013

"OUSARÁN DICIR: 'ESE HOME É UN IMPOSTOR?"

"OUSARÁN DICIR: 'ESE HOME É UN IMPOSTOR?"
O fundador de La Repubblica Eugenio Scalfari recoñecía onte cunha voz de fumador terminal que non acreditaba cando sentiu a voz do papa Francisco aceptando a petición de entrevista que lle cursara. Hai que situar a escea: un representante dun diario laico...
23 septembre 2013

O SARXENTO QUE LÍA A HOBBES

O SARXENTO QUE LÍA A HOBBES
O último sarxento que mandou na Garda Civil da Pontenova debía de ler a Hobbes. Se non o facía, levaba as trazas todas. A semana pasada marchou tras catro anos á fronte do posto e os veciños agradeceron todas as reprimendas e cada unha das multas individuais...
5 octobre 2013

NOMES FIXOS E NOMES VARIABLES

NOMES FIXOS E NOMES VARIABLES
Christopher Hitchens asegura que se pode coñecer aos novelistas polos nomes dos seus personaxes. Comenteillo o martes a Marta Rivera de la Cruz mentres a entrevistaba polo seu novo libro, La boda de Kate (Planeta), e ela deume a entender que estaba de...
6 octobre 2013

QUEN FIXO DE ROSARIO PORTO UNHA LADY MACBETH?

QUEN FIXO DE ROSARIO PORTO UNHA LADY MACBETH?
Os ritmos do xornalismo non son os xudiciais, nin sequera os policiais. O periodista tamén traballa cun protocolo de comprobacións e de ética. Calquera que empece no oficio vai recibir a primeira encarga do seu xefe acompañada dunha serie de instrucións...
7 octobre 2013

O MÓBIL NO ATENTADO DE BEADE

O MÓBIL NO ATENTADO DE BEADE
Eu teño un problema con que Senén Pousa sexa alcalde de Beade. Se un adora a un ditador ata o punto de lembralo cun carasolazo cada vez que lle soa o móbil, non debería comparecer a unhas eleccións democráticas. Se cadra este rexedor ignora que non foi...
10 octobre 2013

HANSEL E GRETEL NON ABANDONAN A CIDADE

HANSEL E GRETEL NON ABANDONAN A CIDADE
As lambetadas son pegañentas, pero os meus Hansel e Gretel senten un sorprendente desapego cara a elas. Todos os que somos pais temos hánseles e grételes na casa que marcan os seus niveis de saciedade coas súas expectativas en función das lambetadas que...
23 octobre 2013

ESPAÑA, UNHA DEMOCRACIA ASAMBLEARIA

ESPAÑA, UNHA DEMOCRACIA ASAMBLEARIA
España anda cerca de ser unha democracia asamblearia. Ese soño, tantas noites formulado pola esquerda máis cernuda, está sendo realizado, manda truco, pola dereita. A falta de goberno, os blockbusters conservadores decidiron asumir as funcións do Executivo:...
4 octobre 2013

MAQUIAVELO ERA HISTORIADOR

MAQUIAVELO ERA HISTORIADOR
Empecei a ler El Islam (Debate) de Karem Armstrong onte e quedei desconcertado. No prólogo explica as diferenzas entre crenzas a respecto dese ronsel de aconteceres que estudamos na Historia. Armstrong apunta que os musulmáns son os únicos que a toman...
17 octobre 2013

A ESPADA CELESTIAL NO HÓRREO

A ESPADA CELESTIAL NO HÓRREO
Alberto Núñez Feijoo é un home con sorte. A miña sensación nestes anos que nos leva gobernando é que se sente máis cómodo cadrando un balance que argumentando unha idea. Para o debate da nación destes días todo o que nos achegou é un ridículo medio punto...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité