Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 juin 2012

GALICIA (CIRCA 2012)

GALICIA (CIRCA 2012)
A marabilla repetiuse como vos digo: montar no Clío, premer no segmento azul que acciona o cd e soar 'Stoned & Dethroned'. Hai 18 anos se reitera o mesmo álbum cando viaxo só nese coche. Dende aquela conduzo de regreso a ese mesmo lugar no que me asentei...
Publicité
Publicité
10 juin 2012

UN POLO BEN XUBILOSO

UN POLO BEN XUBILOSO
A SEMANA PASADA comprobei o xeito explícito no que os británicos están tratando de mellorar a sona da súa gastronomía. O comentario popular é que nesas illas atlánticas se come mal, como se noutras sitios se comese excepcionalmente en calquera baiuca....
11 juin 2012

O COROLARIO NO QUE HABITA RAJOY

O COROLARIO NO QUE HABITA RAJOY
SI, BEN SEI que foi algo en absoluto normal. Se fose habitual ou cando menos sensato, non o contaría no Cabaret. Confeso que onte, domingo, erguínme ás 8.00 da mañá. Durmira unhas seis horas, como adoito, e as costas mancaban como se fose un soldado turco...
12 juin 2012

UNHA LECTURA PARA DOUS OU TRES VERÁNS

UNHA LECTURA PARA DOUS OU TRES VERÁNS
AS LECTURAS de verán son como a solidariedade ou os cursos de inglés. Esas cuestións coas que planificamos encher o lecer e que, chegado o tempo, desfanse coma a solidez do euro. Para a lectura estival teño reservado 1Q84 (Galaxia), de Haruki Murakami,...
13 juin 2012

UNHA FAMILIA INSTITUCIONAL

UNHA FAMILIA INSTITUCIONAL
ELES NON se decataron. Eu observaba dende o segundo andar dun edificio céntrico en Lugo. Podía miralos dende arriba sentados na cociña da casa. Un chalet adosado precioso. A cortina ficara erguida e a luz era amarela coma un limón maduro, coma nas teas...
Publicité
Publicité
14 juin 2012

PECHAR OS PUÑOS, CHANTAR OS CÓBADOS

PECHAR OS PUÑOS, CHANTAR OS CÓBADOS
Occidente está condeado á perspectiva. Nada novo, a perspectiva é algo que nos vén descuberto dende o Renacemento, dende aquel 1327 no que os irmáns Lorezentti representaron a Francisco de Asís cun ceo paisaxístico, escapando do Ceo metafórico. Daquela,...
15 juin 2012

O CRICKET, A XOIA DA COROA

O CRICKET, A XOIA DA COROA
ANTES O FUTURO estaba en Nacente, a varias horas de voo. Agora a prosperidade bótasenos enriba. Mesmo abren autoescolas para chineses. «Pasou o milenio do Mediterráneo, pasou o do Atlántico e vén o do Pacífico», escoiteille antonte a Sánchez Dragó. En...
17 juin 2012

COMER DE MEMORIA

COMER DE MEMORIA
Un amigo engana á muller. Está cheo de que ela decida por el cando, onde, como e canto van xantar fóra. Hai uns anos decidiu someterse ao risco da mentira para ser quen elixe. Ás veces goza de días libres durante a semana porque ten unha profesión con...
18 juin 2012

A FEBRE DA IGUANA

A FEBRE DA IGUANA
ESTA NOITE QUE MARCHOU padecín a segunda xornada de proceso febril. A miña temperatura mantívose equilibrada, era Antón quen estaba doente. A enfermedade nun fillo de seis anos responsabiliza de xeito que se bota fóra da gradación lóxica. Aumenta xeometricamente...
20 juin 2012

VACACIÓNS PERMANENTES

VACACIÓNS PERMANENTES
UN DÍA CALQUERA DE 1337 Petrarca sobe ao cumio do monte Ventoso e colle conciencia da perspectiva. "Todo espazo e tempo danse cita acó", escribe nunha frase que Albert Einstein transformaría en fórmulas matemáticas uns séculos máis tarde. Petrarca sae...
21 juin 2012

UNHA MONTAÑA RUSA

UNHA MONTAÑA RUSA
O PAÍS SEMELLA avanzar nunha montaña rusa. Ascende vagariño e baixa aceleradamente, pero non pode saír deses raís polos que corre dende hai décadas. Xosé Ramón Barreiro vén de agasallarnos cun emocionante e curiosísimo volume sobre Murguía (Murguía, Galaxia)...
22 juin 2012

UNHA LAVANDERÍA EN EUROPA

UNHA LAVANDERÍA EN EUROPA
GEORGE ORWELL decidiu ser el mesmo en 1928. Cesou de ser policía do Imperio Británico en Birmania para ser comunista e escritor. Marchou a París para axudar a pobres. Non fixo como esoutros que son marxistas por persoa interposta; eses que, como di Slavoj...
23 juin 2012

EN ARNAO, NO ALÉN

EN ARNAO, NO ALÉN
Al longo da xornada volvín a Lovecraft. Un Lovecrat máis contido. Diría que mellor contado. Lovecraft chairego. Lin A porta do alen, de Agustín Fernandez Paz nun lugar inaxeitado: na praia de Arnao, ao pé do sol e encarado ao nordes. Nese espazo de Castropol,...
24 juin 2012

UN PEIXE QUE NON SE COCIÑA?

UN PEIXE QUE NON SE COCIÑA?
AVA GARDNER desespera nunha escea da película A noite da iguana. A pesar de que o seu hotel na costa de México está pechado por vacacións non renuncia a atender unha excursión de velludos estadounidenses. A súa personaxe entra na cociña para asegurarse...
25 juin 2012

MURGUIA QUIXO INVENTAR GALICIA

MURGUIA QUIXO INVENTAR GALICIA
MANUEL MURGUÍA pretendeu inventar Galicia. Enganouse na ambición, polo que o intento de construír o país quedoulle a media cocción, pouco feito. Estruturouno culturalmente, dando un pulo feroz á Real Academia Galega; historiograficamente, dotándoo dunha...
26 juin 2012

AMO ESTA CRISE POLA SÚA SENSATEZ

AMO ESTA CRISE POLA SÚA SENSATEZ
LUDWIG WITTGENSTEIN soamente lía novelas policíacas. Os libros de pensamento dos seus colegas reducianse a pavuxadas acaroados ao seu Tractatus lógico-philosophicus. Houbo unha clase nun colexio de primaria vienés da que saíron Adolf Hitler e máis Wittgenstein,...
27 juin 2012

CARMELA SILVA FAISE OTAKU

CARMELA SILVA FAISE OTAKU
O PSdeG lémbrame a Jack Lemmon en 'O apartamento': prestan a casa común para que haxa alcaldes que engadan os seus electorados. Refírome a ese pragmatismo atropelado co que consentiron que Paco Vázquez cruzase coma unha división panzer sobre o acervo...
29 juin 2012

O RAPAZ QUE ONDEABA A BANDEIRA

O RAPAZ QUE ONDEABA A BANDEIRA
LUDWIG WITTGENSTEIN era un filósofo de carácter desabrido e unha idolatría cara a si propio desmesurada. Cando estudaba no colexio da localidade austríaca de Linz, menospreciaba un compañeiro que asistía ás aulas cunha bandeira do Imperio Prusiano e que...
1 juillet 2012

UNHA BOLSA PREÑADA DE PERAS DA REDENCIÓN

UNHA BOLSA PREÑADA DE PERAS DA REDENCIÓN
(Artigo publicado o sábado en El Progreso) CAEUME POLA CASA unha bolsaza chea de peras de San Xoán. Alimentei no meu entorno familiar e afectivo unha sona de omnívoro desprexuizado que me beneficia rotundamente. Recibo un continuado maná de alimentos...
2 juillet 2012

VUVUZELAS ENTOLDANDO O SKYLINE LUAR

VUVUZELAS ENTOLDANDO O SKYLINE LUAR
A noite amosábase fermosa. A Lúa brillaba enchida no alto do ceo, discreta e amable coma esas lámpadas redondas e planas que se acenden ao paso. Unha ducia de metros máis abaixo, segundo se mira dende o meu balcón en Ribadeo, a luz do campanario da Igrexa...
5 juillet 2012

UN REVOLVER PARA CADA QUEN

UN REVOLVER PARA CADA QUEN
JOHN HOUSTON trasladou o equipo que ía traballar en A noite da iguana a un espazo salvaxe, luminoso e aillado. Agora calquera escaparate dunha axencia de viaxes terma de fotos de Puerto Vallarta, pero nos anos 60 rodar alí debía de ser tan desagradable...
3 juillet 2012

O GARAXE E O AZAR COMA SAÍDAS

O GARAXE E O AZAR COMA SAÍDAS
RAJOY ASUME que debe facer “pedagoxía” para explicarnos a nova táboa de fitness que pretende aplicarnos. Ata o de agora comportouse coma o indolente que va asumindo a súa incapacidade para xerar e que vai triunfando en vitorias alleas ata que un día gaña...
8 juillet 2012

O DÍA NO QUE DECIDÍN NON VOLVER A UN CONGRESO DE ESCRITORES

O DÍA NO QUE DECIDÍN NON VOLVER A UN CONGRESO DE ESCRITORES
Unha vez convidáronme a un congreso de escritores no pazo de Mariñán. Eu sentíame amplamente feliz, coma cando os meus pais cedían a patria potestade a curas e monxas durante unha fin de semana para que me recluíse en convivencia católica. Como o peche...
12 juillet 2012

AS MALAS HERBAS

AS MALAS HERBAS
THOMAS CARLYLE apreciou unha volta que "a economía estase convertendo nunha ciencia lúgubre". Bastante lúgubre amosouse onte Mariano Rajoy delimitando ata a reiteración insoportable a lóxica da solución unica. O seu discurso foi dun didactismo recargado...
19 juillet 2012

AS PADDLENAIS SEGUIRÁN VOTANDO FEIJOO?

AS PADDLENAIS SEGUIRÁN VOTANDO FEIJOO?
A interrogante política que me ocupa maiormente é a proporción na que as paddlenais deixarán de votar Feijoo. As paddlenais son unha traslación ao noso país das soccermoms norteamericanas dos 90, mulleres de clase media e educación superior que escollían...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité