Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 avril 2012

ERGUERSE CEDO, DEITARSE TARDE

ERGUERSE CEDO, DEITARSE TARDE
Fachendeabamos tanto da equiparación... Sempre houbo ricos e sempre os haberá, dicían os vellos ignorando o seu calvinismo e negando asemade o marxismo sen sabelo, por pura dedución empírica e lonxeva. Hai diversas categorías de seres humanos. A máis...
Publicité
Publicité
11 avril 2012

GALICIA, NACIÓN POLIGONEIRA

GALICIA, NACIÓN POLIGONEIRA
En Galicia somos moi poligoneiros. Poucos municipios pequenos carecen de parque empresarial abandoado. Non é tanto que nos reine a arqueoloxía industrial como que pensamos no futuro dos fillos. Queremos deixarlles a leira, pero aplanada, con traída de...
15 avril 2012

A DERRADEIRA CEA A BORDO

A DERRADEIRA CEA A BORDO
ESTOU CERTO de que moitos dos 1.500 finados na noite do 14 de abril de 1912 por mor do choque do Titanic contra un iceberg morreron por un corte de dixestión. Ben me sorprende que o fígado non lles rebentase nas veladas anteriores tras asistiren como...
14 avril 2012

AS BOTELLAS DE AUGA

AS BOTELLAS DE AUGA
España anda ciclotímica. Por moito que toda esa corrente neoconversa de columnistas madrileños narre con ornamento épico o moito que resistiu Mariano Rajoy os embates de Esperanza Aguirre e outros que sabían que a súa tendencia a ser Baterbly ("Preferiría...
17 avril 2012

PASE VOSTEDE, PRESIDENTE

PASE VOSTEDE, PRESIDENTE
VAI PARA UN ano que Feijoo e Ferrín coincidiron no alto dunha escaleira. Celebrabamos, todos, as Letras Galegas de Lois Pereiro en Monforte. «Pase vostede, presidente». «Vostede primeiro, presidente». Ambos os dous moi amables e sorrintes. Tanto ten quen...
Publicité
Publicité
18 avril 2012

QUEN ENGANA E QUEN SE DEIXA ENGANAR

QUEN ENGANA E QUEN SE DEIXA ENGANAR
O MEU RANGO de preocupacións é relativamente sosegado. "Cando os problemas che axeixen, busca outro en peor posición", leo a Macciaveli a través de Enric Juliana. Desvelo a cronoloxía: a curto prazo, inquédame o resultado do Athletic e o Sporting de Lisboa;...
19 avril 2012

O HOME ELEFANTE

O HOME ELEFANTE
África foi o gran plató do Hollywood que impresionaba na butaca dos cines sen precisar do menor truco. Era a última fronteira. Moito nos prestou o Magreb de Humphrey Bogart, pero non demos pechado a boca con Tarzán percorrendo a selva de liana en liana...
20 avril 2012

TAN ALTOS COMA NAPOLEÓN

TAN ALTOS COMA NAPOLEÓN
HAI UNHA CONVERSA que se repite nun bucle. Cádrame cando paro comprar auga no Gadis antes de ir para o periódico. Sempre son dúas señoras, nunca as mesmas. Convéncese a unha á outra de que «El Rei é moi alto, pero o fillo é aínda máis». Nunca comprendín...
20 avril 2012

CRAIG PATTERSON: "TRADUCIR 'A ESMORGA' CUSTOUME SANGUE, SUOR E BÁGOAS"

CRAIG PATTERSON: "TRADUCIR 'A ESMORGA' CUSTOUME SANGUE, SUOR E BÁGOAS"
As entrevistas fannas os entrevistados, para ben e para mal. Onte, como teño de mal costume, boteime sen cuestionario contra Craig Patterson, un intelixente entrevistado, para facerlle esta entrevista. Contoume, entre outras cousas, estas: Conexións entre...
21 avril 2012

"¿TENÉIS BINGO AQUÍ?"

"¿TENÉIS BINGO AQUÍ?"
Aconteceume non hai dez minutos. Como botara unhas catorce horas mirando unha pantalla, por motivos laborais e vagares, saín dar un paseo logo de cear. A noite quería expulsarme, porque estaba túzara, chuviñenta e fría, con Lugo estreando a súa enésima...
22 avril 2012

O PRÍNCIPE DE DINAMARCA

O PRÍNCIPE DE DINAMARCA
SINCERAMENTE, ocórrenseme unhas 357 actividades máis interesantes que ler unha novela de Fernando Savater. Escribín unha novela, e non un libro de filosofía de Savater, moi conscientemente. Son tempos nos que un par de aparicións en prime time habilitan...
23 avril 2012

EXPLICARMOS GALIZA

EXPLICARMOS GALIZA
Acabouse o tempo do espectáculo. Por iso,o sensato Hollande venceu ao tosco Sarkozy as primarias e as sondaxes confírmano para as definitivas de maio. Por iso, Juan Carlos de Borbón desculpouse, porque admirar a quen dispara con salvas do Rei podía ser...
24 avril 2012

EXPROPIACIÓN E REPOSTAXE

EXPROPIACIÓN E REPOSTAXE
Na tarde de onte fixei o logo dunha empresa de combustible expropiada na pantalla do ordenador. O circuliño laranxa e granate dividido por unha franxa branca casa amablemente coa cadeira vermella na que estaba sentado. Teño un prexuicio contra esa firma...
25 avril 2012

A PESADEZ DA HOMBRÍA

A PESADEZ DA HOMBRÍA
A única vez que vin a Terenci Moix foi nunha entrega do Planeta, en Barcelona. Bicaba meixelas, collía mans que lle ía achegando o azar e non renunciaba de sorrir, coma se levase micropublicidade de Colgate en cada dente. Nada lle lin porque, para min...
26 avril 2012

AZUL CORPORATIVO CASE NEGRO

AZUL CORPORATIVO CASE NEGRO
Agora xa pasou. Non manca, aínda que estea deixando a Soraya sen arsenal argumentario. Zapatero é un topónimo dun asentamento que xa abandoamos. Voulle agradecer, porque alguén debe ocuparse de aliviar as feridas, os últimos anos de Televisión pública...
27 avril 2012

UN XINETE NA COCIÑA

UN XINETE NA COCIÑA
O MEU CATIVO, Antón, preguntábame onte mentres almorzamos na cociña sobre como podíamos ler o futuro. Eu, como non son determinista, razoeille que todas as nosas armas consistían en interpretar os datos do presente para facernos unha proxección e agardar....
29 avril 2012

UN MISTERIO OVALADO

UN MISTERIO OVALADO
Cada vez que vou a Barcelona visito o mercado de La Boqueria, unha praza cuberta realizada en ferro en 1914 en Las Ramblas nun espazo de venda hortelá dende 1836. Nunca merco nada dentro, porque é todo tan belo e aseado que me dá a sensación de ir comer...
28 avril 2012

P0LOS CASTELOS DE ESLOVENIA

P0LOS CASTELOS DE ESLOVENIA
O escritor esloveno Vladimir Minác pregúntase nunha reflexión de 1968 'Onde están os nosos castelos?' Castelos no seu país, hainos. Son esveltos, orgullosos, axeitados para calquera rodaxe sobre a posta de longo das adolescentes de vestido longo de gasa...
30 avril 2012

ANTES HABÍA OUTRO RESPECTO

ANTES HABÍA OUTRO RESPECTO
"ANTES HABÍA outro respecto", enfadábase a miña avoa materna pensando no PNV no que ela militaba dende a maioría de idade ata que Franco lle enconmendou desembrutecer nenos nunha erma serra andaluza de altramuces e auga carrexada en burros. A miña avoa,...
2 mai 2012

CANDO PETAN NA PORTA SANTA POLA NOITE

CANDO PETAN NA PORTA SANTA POLA NOITE
Botei estes días cunha tos seca e de orixe indeterminada que coido para que non empeore porque iso suporía enfrontarme aos refugallos dun sistema sanitario que defendía argumentaria e casuisticamente cando debatía cun amigo que confunde militar en UPyD...
3 mai 2012

RAJOY NUNCA NOS FALOU SOBRE A TEORÍA DA RELATIVIDADE

RAJOY NUNCA NOS FALOU SOBRE A TEORÍA DA RELATIVIDADE
A teima de reducir investimento en Educación tenme desconcertado. Ben sei que os políticos Reino de España non son persoas de lectura devota nin sequera de lectura distraída. Ao cabo, para ser representante público precísase entrar nas listas, pero excusa...
4 mai 2012

AS PONTES DE KÖNIGSBERG

AS PONTES DE KÖNIGSBERG
EU ESTABA NUNHA desas colas que deixan medrar os bancos diante dos mostradores para que lles fagamos parte do traballo por internet evitándolles uns custos laborais. Un vellote avisounos: «Pidan billetes novos, que Rodrigo Rato vai quedar con todos»....
5 mai 2012

O VALEDOR DO POBO NO OUTLET

O VALEDOR DO POBO NO OUTLET
O valedor do Pobo viña sendo unha institución coma a avoa da familia. Hai que mantela porque tampouco é cousa de esquecer de darlle as pílulas da tensión, pero tampouco se lle presta atención porque murmuria e desvaría falando dende unha dimensión marchada....
6 mai 2012

SEI DUN SITIO PARA COMER....

SEI DUN SITIO PARA COMER....
HAI UN NÚMERO limitado de comensais dos que te podes fiar para xantar dun xeito sensato a un prezo equilibrado Ive incluído . Cando te citas con intención de ir comer con varias persoas, sempre hai un alma de pioneiro. «Eu coñezo un sitio...», apunta...
7 mai 2012

AS NOVELAS HEMOFÍLICAS

AS NOVELAS HEMOFÍLICAS
PÉREZ REVERTE está de xornada de portas abertas cunha obra futura. O autor abriu un blog no que vai explicando o seu traballo para redactar o texto: como se moldea un personaxe para que respire, o xeito de conseguir os datos para unha partida de xadrez...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité