Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juin 2010

O DISCURSO CULTURAL DE FEIJOO

Empezo a temer que Feijoo dispón dun único discurso cultural. Cada intervención oficial súa nun acto intelectual é una reiteración sobre o igualitarismo das linguas que se falan decotío no noso país. Eu discrepo da súa visión, mais o problema non é exactamente...
Publicité
Publicité
9 juin 2010

MAALOUF NUNHA PRAZA ESBORRANCHADA

Amin Maalouf gañou hoxe o Príncipe de Asturias. Seica A viaxe de Baldassare é súa única obra na nosa lingua. Lembro que hai unha chea de anos linlle La roca de Tanios, pareceume un escritor eficaz e intelixemente popular. Gocei do libro, pero non deixou...
10 juin 2010

50 ANOS DE DANZA MALDITA EN GALICIA

FERNANDO FERNÁNDEZ REGO, autor de Pop, rock e malditismo na música galega:[ “Eu comecei cos Tamara, que naceron en 1958 e collín como referencia os anos sesenta e fun debullando toda a historia con Andrés do Barro, os grupos dos 60 e o 70, a Movida, o...
13 juin 2010

UNHA TENDA DE CHINESES

VERA SLONIM comprou unha pistola do calibre 38 para sentirse tranquila cando o seu home a conducía ás paraxes inhabitabas nas que cazaba bolboretas. Stacy Schiff contouno en ‘Vera, señora de Nabokov’ (Alianza), unha biografía construída sen a colaboración...
14 juin 2010

TUI RECUPERA UN MENÚ BURGUÉS DE 1891 EN GALEGO

MANUEL GAGO, en CAPÍTULO 0. [Debe ser un dos primeiros menús burgueses escritos en galego que se conservan, pero non é o único. Degustouse no Banquete Rexionalista que se celebrou co gallo dos Xogos Florais en Tui en 1891, dentro dos actos de exaltación...
Publicité
Publicité
16 juin 2010

IOLANDA ZÚÑIGA: "NON SINTO QUE VAIA RENOVAR NADA"

Montse Dopico entrevista a Iolanda Zúñiga: [Das novelas como a túa, como as doutros autores e autoras que utilizan esa técnica de introducir fragmentos de elementos da nosa realidade: os medios, as novas tecnoloxías.. chámaselles ás veces textos posmodernos....
16 juin 2010

PIÑEIRO REEDITA RONSEL

O centro Ramón Piñeiro reeditou os seis números da revista Ronsel, que se editou en Lugo en 1924, e que foron presentados este luns. Como indicou o profesor da universidade de Perugia Otello Tavoni nun estudo sobre a publicación, "se se quere un exemplo...
27 juin 2010

UNAMUNO COLONIZADO

A VÉSPERA da selectividade, sentín que me tocaría escribir sobre Unamuno. A miña nai comentoume ese día que o pensador nacera en San Sebastián porque a miña avoa materna cruzaba con el no paseo da Concha. Na proba, tocoume Unamuno. Daquela léralle ‘Paz...
28 juin 2010

GUILLERME VÁZQUEZ: "PECHAR O PANTEÓN É COMO PODAR A ÁRBORE DE GERNIKA"

Guillerme Vázquez fixo unha atinada metáfora, asegurando que "Rosalía e Daniel están secuestrados", e unha comparación moi plástica. O do Gernika, lembroume o que sinala Kirmen Uribe en 'Bilbao-Nova York-Bilbao', de que en "en cada casa vasca había unha...
29 juin 2010

M. CHEDA: "A FUNDACIÓN CELA GASTOU EN 2009 UN 44% MÁIS DO ORZAMENTADO"

M. Cheda en La Voz: [Baixo presidencia de Marina Castaño, a Fundación Camilo José Cela desembolsou o ano pasado un 43,9% máis do que orzara: 676.456 euros en lugar de 470.000. No polo oposto, apenas ingresou 454.559, ou sexa, un 3,3% menos do formalmente...
5 juillet 2010

UN PASEO POLA MORTE ALLEA

UNHA VEZ atopeime tres gardas civís con chaleques antibalas encarándonme cos seus cetmes e un can. Parapetáranse tras unha curva boscosa nun desacostumado paso fronteirizo hispanofrancés. O que mandaba díxome de baixar do Renault 5 e abrir as portas todas....
7 juillet 2010

LO QUE NOS UNE

O enchepistas de hoxe vai ser un partido de fútbol entre os representantes de España e de Alemaña. Agradezo, logo, estar botando uns días nun país normal; no que reclaman ser representados pola súa selección. Este país é tan sensato que non soamente evita...
8 juillet 2010

MANOLO ESCOBAR E OS TOLEIRÁNS

Alejandro Sanz guindoulle unha bronca a Jorge Lorenzo por rexeitar poñerse a camiseta da selección española para unha fotografía. Na noite de onte, paseando polo Ensanche bilbaíno e caluroso, mirei a uns fanáticos bailando e amolando aos peóns no medio...
11 juillet 2010

CANTAS CASAS TEN HIRST?

Andan cambiando as flores do can de Jeff. Puppy non é un cadáver, pero as flores amurcharan. A peza 'Cachorro' (1996), o cadelo de Jeff Koons, permite que Bilbao chame ao Guggenheim, 'a caseta do can'. Puppy coida do cuarto de milla de ouro arquitectónico,...
13 juillet 2010

O PERSONAL JESUS VALENCIÁN

O goberno trentino da Comunidade Valenciá acordou xerar unha exposición individualizada de monstros. As mulleres que, solventando o seu inferno endóxeno, se atrevan a abortar, van enfrontar unhas visións do Inferno á moda de Dante. Xa postos a premer...
16 juillet 2010

KAPOOR, O HOME BALA

Nas noites de xullo estame acompañando un volume de fotografías que Jean Marie del Moral fixo a Barceló en punto de bulimento. Cando o sol se apaga, segue indo caloriña nun Ribadeo que non semella el da quentura diurna. Eu aproveito para imaxinarme en...
21 juillet 2010

IKEA CASILLAS

Zapatero animou a Rajoy á resignación catalá. “Convénzaos vostede de que non unha nación”, veu espetarlle aproximadamente. Euskadi vai encarreirado polo mesmo rego e logo de que remate a política fición de que os vascos as prefiren españolas, teremos...
22 juillet 2010

DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA

Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos...
26 juillet 2010

BICOS EN CAIXAS FORTES

A miña adolescencia foi emérita. Emérita, non por excelsa, senón que a prolonguei varios anos. Tamén foi unha adolescencia rara porque dedicábame a ler os novelóns de Kafka cando debería ocuparme en actividades que me axudasen a desenvolver o meu espectro...
28 juillet 2010

CINEMA POR ANDAR LIXEIROS

Os Mr. Misto pedíronme unha benvida para O Festivalón e di máis ou menos así: " En Ribadeo gustamos de vivirmos lixeiros. Eu sempre atribuín esa querencia a que a vila empezou a construírse en Cabanela, ao pé do mar, para ser rematada nos peiraos de Rotterdam...
31 juillet 2010

LARSSON OU A CONCENTRACIÓN DA RIQUEZA LITERARIA

'Millenium' vén de empoleirarse no cumio das vendas nos Estados Unidos; a maiores, a serie supera o millón de ventas electrónicas. Levaba razón o bo de Karl (un perspicaz teórico, un cándido pragmático) cando nos indicou a tendencia do capitalismo a concentrar...
1 août 2010

UN DIRIXENTE NACIONAL DO BLOQUE FOI ASASINADO

Alberto Ramos informa en Xornal:[ “É unha novela negra cun detective bastante afeccionado ás culturas orientais que investiga o asasinato dun parlamentario”. Deste xeito define Diego Ameixeiras o argumento da súa próxima novela, Asasinato no Consello...
2 août 2010

IR COMPRAR LAMBETADAS EN SOLITARIO

A miña filla, de 8 anos, empezou a comprar chuches en solitario. Acudir á tenda de lambetadas sen tutela é un rito iniciático occidental que mudou en tradición. ''Mira ben ao cruzar'', aconséllolle. ''Mira ben ao cruzar'', advertiron uns xuíces a unha...
4 août 2010

MICHELLE OBAMA, DE VACACIÓNS NA 'RACISTA ESPAÑA'

Tiven que dedicar moitas horas da miña vida ao longo dunha chea de anos a argumentar que a gavela de delincuentes non me provocaba ningunha cercanía, que todo o meu delicto era ser fillo de vascos e nacer onde nacín. Agora sorpréndeme que o titular do...
5 août 2010

MONDOÑEDO ACOLLERÁ O ACTO CENTRAL DO CUNQUEIRO 2011

Mondoñedo acollerá o acto central da programación coa que se celebrará o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, o 22 de decembro de 1911. Ese mesmo día do 2011, haberá unha homenaxe popular ao escritor no que terá participación destacada tanto a...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité