Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 décembre 2011

OS MESMOS CREADORES BAÑAN SEMPRE NO MESMO RÍO

OS MESMOS CREADORES BAÑAN SEMPRE NO MESMO RÍO
Lucía Etxebarria non comprende os ritmos da vida. Era moza dun amigo e cadrounos en Lugo hai os dedos de tres mans. Faloume da bio de Courtney e dunha primeira novela que lle ían quitar nuns meses. Retrateina o mesmo que a retrataría arestora: intelixente,...
Publicité
Publicité
7 janvier 2012

UNHA DEFENSA DE ANXO LORENZO

UNHA DEFENSA DE ANXO LORENZO
Acredito na honestidade de Anxo Lorenzo. Arestora sinto o vocerío da humanidade galega reprochándome a afirmación. Permítanme que me explique. Ben, responde pegadamente ao que penso, polo prefiro expresalo cunha firmeza que non se consinte matices. Con...
16 janvier 2012

MANTEIGA NAS SANDALIAS

MANTEIGA NAS SANDALIAS
SAUL BELLOW recoñece na derradeira carta, redactada un ano antes de morrer aos 90, que «a vida redúcese a un par de sandalias de charol». Referíase ao calzado que arelaba comprarlle a nai cando era un pícaro de seis. Ediciones Alfabia reúne esa 708 misivas...
23 janvier 2012

NÓS, OS INTERESANTES

NÓS, OS INTERESANTES
ÁS VECES PEPE saúdame amosándome a palma da man rosácea cando entro no xornal. Outras, simula empuxar a alguén imaxinario. Non comprendo o seu idioma de signos, pero, como viste nun antroido barcelonista de xeito permanente, supoño que monologa sobre...
27 janvier 2012

PATOS LANZADOS DENDE O BALCÓN

PATOS LANZADOS DENDE O BALCÓN
ERA INVERNO e tiñamos dez anos. Carmen pediu uns patos aos Reis Magos. Como pechou os ollos con forza, agarrou os dedos ata mancarse e se concentrou intensamente no desexo, os Reis cumpriron a petición. De longo. Deixáronlle unha parella de parrulos medrados...
Publicité
Publicité
1 janvier 2012

UNNHA INVERNÍA ASUMIDA

UNNHA INVERNÍA ASUMIDA
Acontece logo de atravesar o cabo de Boa Esperanza dos trinta anos. Encaras outro océano e préndeche a intuición de que morrerás algún día, de que o único eterno son as verdades que fixan as matemáticas. Ao primeiro, non tomas en consideración ese sabañón...
3 février 2012

SOMOS 29 NA CASA E ESTAMOS TODOS NO PARO

SOMOS 29 NA CASA E ESTAMOS TODOS NO PARO
O FUTURO gusta pouco neste país. Como un descoñecido que se presenta na aldea. Nunca se lle pregunta se se lle ofrece axuda, senón que é requerido para que xustifique a casa de quen se dirixe. Preferimos vivir no pasado, ese vello familiar co que non...
8 février 2012

O MILAGRE COMBADO DE DON HONORIO

O MILAGRE COMBADO DE DON HONORIO
Don Honorio tiña un perfil atraente; non escribín atractivo, escribín atraente. Aquel cura agochaba un sorriso difícil baixo o aspecto escuro, pero non semellaba perverso. Ao contrario, a estrutura da súa alma transparentaba tan sinxela que nin debía...
14 février 2012

OS MÚLTIPLES APROVEITAMENTOS QUE SE LLE TIRAN A DICKENS

OS MÚLTIPLES APROVEITAMENTOS QUE SE LLE TIRAN A DICKENS
RAMÓN REBOIRAS definía días atrás o signo dos tempos. «Houbo unha tempada en que desapareceron os meus amigos; algúns morreran, outros non se poñían ao teléfono, outros perderan o traballo; outros, o matrimonio, e outros, a cabeza», apuntaba na presentación...
17 février 2012

UNHA VIAXE INCERTA

UNHA VIAXE INCERTA
UN ESMOLEIRO clamaba antonte por «unha simple moeda» na praza lucense de Santo Domingo. Non pedía máis, pero se sentía impelido a xustificar o destino do euro que reclamaba: «Aínda non almorcei», berraba, como se gritar reforzase a sinceridade. Non moi...
16 avril 2012

A RESPECTO DE GRASS E OS GORMITTIS

A RESPECTO DE GRASS E OS GORMITTIS
O debate sobre o poema de Günter Grass ten tanta fondura intelectual como os que mantén o meu fillo cos seus amigos de seis anos sobre o poder que detenta un Gormitti para impoñerse a outros. Grass cae nun naïfismo político cando ataca a potencialidade...
6 juin 2012

MARINA CASTAÑO E A VANTAXE DE IGNORAR O SISTEMA MÉTRICO

MARINA CASTAÑO E A VANTAXE DE IGNORAR O SISTEMA MÉTRICO
A ECONOMÍA PROVÓCAME ataques de pánico: veño de escoitar a Marina Castaño nunha tertulia noturna de 13TV que foi "conselleira dunha caixa de aforros". No caso de que non sexa unha lembranza transferida da periodista e escritora (sic), comprendo o fracaso...
16 juin 2012

UN CANÍBAL DESDENTADO

UN CANÍBAL DESDENTADO
O adestrador Helenio Herrera provocaba reflexións asegurando que xogaba mellor con dez futbolistas ca con once. El, por se acaso, non deixaba ningún no banquillo cando comezaban os encontros. A Chet Baker faltáballe un dente dende neno porque llo saltara...
9 août 2012

AS LIMEIRAS DO GREEN

AS LIMEIRAS DO GREEN
O escritor Richard Ford conta nun texto autobiográfico de Flores en las grietas (Anagrama) que o avó dirixía un hotel no sur dos Estados Unidos con varios empregados negros. Un deles, Chester, era habelencioso ao golf. Ese deporte era para el -como o...
20 août 2012

DETERMINEI QUE ERAN OVNIS

DETERMINEI QUE ERAN OVNIS
Somos cazadores de soños. O mito que perseguín a semana pasada foron estrelas caendo no ceo negro, coma se fose un decorado teatral sometido ao caos. O meu fillo Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso benemérito, contra a...
11 septembre 2012

A PRESTIXIADA AUTOCONFIANZA DA ESTRELA POLAR

A PRESTIXIADA AUTOCONFIANZA DA ESTRELA POLAR
O mito que perseguín hai unhas noites foron estrelas caendo no ceo negro, coma un decorado teatral sometido ao caos. Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso, contra a medianoite. Quero ver a Osa Maior, advertiume con esa seguridade...
21 septembre 2012

MORGANA NA CORTE DO REI JUAN CARLOS

MORGANA NA CORTE DO REI JUAN CARLOS
Cada persoa vai construíndo o seu país. Avanzamos cara a territorios ideais porque a curiosidade é o combustible máis barato antes de impostos. Os colectivos tamén viven colocando laxes para empedrárense o camiño. Mesmo ás veces meten un acelerón na xeira...
22 septembre 2012

ENTRE AS COMIDAS DE LIEBLING

ENTRE AS COMIDAS DE LIEBLING
UN SEÑOR DE BARBA que sorrí maliciosamente e máis eu sentamos de fronte no traballo. Non hai día que non lle reitere o chiste gastado: «E ti, vés moito por aquí?» «Entre comidas», contesta Elías Ferreiro con paciencia de bedel de instituto. Esa humorada...
5 octobre 2012

UN HOME CABAL

UN HOME CABAL
"Non presumas, que é pecado", escoito a un home nunha desas conversas alleas entre descoñecidos que me prestan. O seu interlocutor, tan mal afeitado coma el e co cabelo non menos graxento, usara as palabras "muller", "coitelo" e "hospital" mentres representaba...
19 novembre 2012

O INATURABLE OCIO DE ROBINSON CRUSOE

O INATURABLE OCIO DE ROBINSON CRUSOE
Paco Martín elaboroume toda unha teoría da literatura nos catro minutos de 50 segundos que botamos de fala na rúa Raíña segundo eu saía do banco co pan colgando dunha bolsa na man e andaba cara ao periódico. «Ao cabo, escribir serve para que un tipo pase...
22 novembre 2012

TIMBERLAND, O MEU PAÍS

TIMBERLAND, O MEU PAÍS
Os Timberland compreinos vai para dez anos. Cando a abundancia, non contaba os zapatos por anos; pero agora falo dos anos do coche con solemnidade lendaria. Ao meu pai reináballe presumir dos anos de roupa que o abrigaban. Eu sempre pensei que era unha...
6 décembre 2012

DÍAZ FERRÁN PRACTICABA FENG SHUI

DÍAZ FERRÁN PRACTICABA FENG SHUI
A cativa contábao perplexa segundo chegou. Un rapaz recibira un bocadillo, unha botella de agua e mais unha pera para unha excursión dunha actividade gratuíta na que participan ambos os dous. "Bebeu a agua, comeu a pera e gardou o bocadillo para os seus...
5 janvier 2013

DESCABALGADO

DESCABALGADO
A mañá de Aninovo amenceu tristeira, pero precisaba de encamiñar axeitadamente a bolsa que me pesaba no estómago, polo que saín andar Ribadeo. Nas Catro Calles atopei a Ibáñez. Non podo dicir que fose exactamente el, senón a elaborada parodia dun rapaz....
6 janvier 2013

NARIZ DESTABICADO, CORAZÓN AXELADO (serie Un café bebido)

NARIZ DESTABICADO, CORAZÓN AXELADO (serie Un café bebido)
A patria dun home é onde aprende a nadar. O meu pai aprendeu a nadar no mar de Burela. Para marchar volveu, atordado, á súa patria hai por volta de tres anos. Aquela mañá do 11 de xaneiro estaba preciosa. Dentro do Hospital da Costa sopraba unha refolada...
25 janvier 2013

A NOITE NA QUE FRANCO ME ABRAZOU

A NOITE NA QUE FRANCO ME ABRAZOU
Esta noite soñei con que entraba nunha casa co aire pobre e tristón que amosaban os interiores das vivendas nos anos 70. Un vellote anano e gordecho sorríame cun dente de ouro brillando. Vestía un xersei granate e un pantalón gris de franela, todo moi...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité