Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 janvier 2013

MAREAS CATIVAS E NEGRAS

MAREAS CATIVAS E NEGRAS
Houbo un ha noite na que Goebbels andaba xogando a ser o mariscal Suchet -o asistente de Napoleón a quen Carême dedicou a pintada con salsa albufera e verduriñas paisanas- . O ministro nazi fantaseaba sobre un mapa da Europa a producción que fornecería...
Publicité
Publicité
17 février 2013

UÑA DE MAMUT PARA CEAR

UÑA DE MAMUT PARA CEAR
AS MIÑAS FONTES favoritas son a que ocupa a praza do Campo, en Lugo, e as fontes de mexillóns. Aínda a pasada fin de semana apareceu un quilo de mexillóns grandes e negros coma as unllas dos mamuts para unha cea. Acabaron nunha fonte de Sargadelos que...
17 mars 2013

UN COSTUME VINTAGE

UN COSTUME VINTAGE
As esceas que máis me prestan da película Marcado por el odio son esas nas que os amigos e veciños do boxeador Rocky Graziano seguen pola radio a evolución dos seus combates. Esas voces hertzianas remiten a un mundo antigo, no que a información circulaba...
8 avril 2013

MARGARET NA GUILLOTINA?

MARGARET NA GUILLOTINA?
Margaret Thatcher respondeu hoxe a Morrisey: "When will you die?", preguntáballe en Margaret on the guillotine. Os young canibals ribadenses dos 80 estabamos certos de que os mineiros que camiñaban en paralelo solidificados polos seus brazos enganchados...
18 mai 2013

UNHAS COLAS INERTES

UNHAS COLAS INERTES
Leo Strauss dicía que «os partidos de masas son seitas cunha cola desproporcionada». O autor de El libro de Maimónides (Pre Textos), formador do equipo que gobernou con Reagan como fachada, carecía de entusiasmo democrático. Porén, como perseguido polos...
Publicité
Publicité
20 mai 2013

O PERIGO DAS CERTIDUMES

O PERIGO DAS CERTIDUMES
Relixión e patria: a receita deulla Leo Strauss aos discípulos, os sabios platónicos, que formaron aos cabaleiros e foron situándoos no cumio do goberno Reagan: Irving Kristol, Paul Wolfowitz, Abram Shulsky. Strauss carecía de tanta fe na relixión como...
25 mai 2013

O CASINO ESTÁ INTERVIDO

O CASINO ESTÁ INTERVIDO
TCM bota Gilda, unha fita en branco e negro de 1946. Todo regresa: Un casino ilegal de Buenos Aires que funciona á luz da noite sobornando a un responsable gubernativo, a loita polo monopolio do tungsteno para fabricar lámpadas, nazis camuflados, a Policía...
23 juin 2013

CARTEIS TERRITORIAIS DE ADVERTENCIA

CARTEIS TERRITORIAIS DE ADVERTENCIA
Ingrid Bergman colle un tren e falece antes de que remate a película. O escritor J. M. Coetzee ficou tan impresionado que constata ese pavor en Infancia (Rinoceronte): «Morre por non ler o cartel de advertencia». Na Suráfrica dos anos 50, cando se desenvolve...
3 juillet 2013

LO SABE, NO LO SABE

LO SABE, NO LO SABE
P or vez primeira en décadas, a mellora social caeu en desaceleración e regresa cara atrás. Alexander Herzen escribiu que "o desenvolvemento humano é un xeito de deslealdade cronolóxica, dado que os últimos en chegar son quen de beneficiárense do traballo...
1 août 2013

GOOD SAVE URDANGARÍN

GOOD SAVE URDANGARÍN
Un camareiro veterano de hotel de Praga exhibe diante dun aprendiz unha asombrosa capacidade para adiviñar a prodecencia e oficio dos clientes e, como consecuencia, a selección que van facer na carta do restaurante. A explicación que lle adxunta a esa...
13 août 2013

PAPEL DE CALCO

PAPEL DE CALCO
Antes de apoiar os mapas mudos sobre as ventás do inverno infantil, na Casa do Gato, había que fregalas cunha balleta e, despois cun trapo seco. Superpoñíaselle o papel de calco para raiar nel segundo as marcas do plano. Eses exercicios escolares de Xeografía...
20 août 2013

ACARICIADE O DETALLE

ACARICIADE O DETALLE
Un curmán da muller, arquitecto, tenme comentado nalgunha oportunidade as limitacións que constrinxen o seu traballo creativo (dimensións e forma do solar, orzamento, gusto do cliente, función do edificio,...) coma se o seu oficio se afastase doutros...
29 août 2013

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA
Non deixa de sorprenderme a oposición como categoría que aplica a esquerda mundial cada vez que Estados Unidos e Inglaterra deciden actuar para aforrar uns milleiros de mortos en calquera tempo e lugar. O principio de abstinencia bélica, inspirado polo...
2 novembre 2013

SILENCIO EN GERNIKA, VALENTÍA EN ORIENTE

SILENCIO EN GERNIKA, VALENTÍA EN ORIENTE
Volvo sentir falar do silencio cómplice dos vascos con ETA comparado co silencio cómplice dos alemáns cos nazis co gallo da anulación da Chapuza Parot. O valor de significarse é o que máis reclamamos dos demáis. Que conste que comparto que un asasino...
15 décembre 2013

OS SETE MARES DE PEMEX

OS SETE MARES DE PEMEX
Christopher Hitchens miraba a Churchill coma unha estatuta de Lenin derrubada sobre a que martelear. Botou a infancia admirando a aquel señor repoludo con riscos de bulldog con falta de horas de sono e dedicou moitas reflexións a golpear na chatarra deitada...
24 décembre 2013

ONCEPORCENTAZO

ONCEPORCENTAZO
O señor ministro Soria leva unha carreira ascendente na escaleira protagónica do Cabaret Voltaire co seu show electrizante, pero o señor ministro Gallardón vai gañando aplausos nas entradas máis populares coa contrarreforma abortiva. Ambos as propostas...
10 janvier 2014

HUMIDADES ESCÉNICAS

HUMIDADES ESCÉNICAS
Esta tarde tirei resignadamente dous queipos cheos de libros da vella Austral. O moble no que estaban linda cunha parede do meu edificio no que zoupan o vento e a choiva con toda a forza dos deuses galaicos de Manuel Gago. Lambidos pola humidade, comiscados...
3 février 2014

PEDRO J., O XORNALISMO A LOMBOS DUN CABALO

PEDRO J., O XORNALISMO A LOMBOS DUN CABALO
Pedro J. Ramírez semella agora o xornalismo montado a cabalo. A imaxe que se me debuxa é paralela á que afirmou Hegel cando mirou a Napoleón entrando en Jena tras vencer: Napoleón é a Historia montada a cabalo. Pedro J. está composto, a partes iguais,...
10 février 2014

UN WATERLOO DE PALESTINAS E CHIRUCAS

UN WATERLOO DE PALESTINAS E CHIRUCAS
As imaxes postdestitución do director de El Mundo nos presentaron a Pedro J. Ramírez dando as costas. Amosa o negro lombo do tempo, que inventou Javier Marías que escribira Shakespeare. Esas costas marchan espertando unha morriña ampulosa entre os seus,...
23 février 2014

FRANCIA CABE NUN PAR DE ZAPATOS

FRANCIA CABE NUN PAR DE ZAPATOS
O MÉRCORES entrei nunha tenda de telefonía móbil por un deses problemas elementais que son incapaz de solucionar se a miña muller non está de humor. Dediante de min, a telefonista estaba atendendo a unha deseñadora de roupa. Sinto moito respecto polas...
6 avril 2014

UNHA ENCHENTE DE APELIDOS VASCOS

UNHA ENCHENTE DE APELIDOS VASCOS
A SEMANA PASADA morreu o alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna. A miña nai naceu en Bilbao e nunca saíu da cidade se non conto a paréntese de 45 anos que botou en Galicia. A miña nai chamoume e botouse a facer consideracións sobre Azkuna. Ela louvaba e criticaba,...
1 mai 2014

13 NEGRO

13 NEGRO
Taschen envíame a súa revista con toda a súa marabilla -e, neste número, o seu desacougo- dentro. Na capa aparece Whoopi Goldberg, a actriz negra, bañándose en leite e lembro o comentario alóxico que derrubou o presidente dos Clippers. A publicación promociona...
11 juin 2014

NORMANDÍA

NORMANDÍA
A película Casablanca deixoume dúas preguntas importantes: O café américain de Rick acabou sendo traspasado? Onde se dirixiu o avión no que montará Ingrid Bergman tras despedirse de Humphrey Bogart? Segundo lin onte, dirixíase a Lisboa. A cidade era o...
5 septembre 2014

A CONTAMINACIÓN DO JAGUAR

A CONTAMINACIÓN DO JAGUAR
Hai unha anécdota tan inconsistente coma divertida sobre unha monxa de Ribadeo que saíu unhas horas da clausura. Logo de cruzar a porta mirou pasar un ampuloso Jaguar e berrou: «Canta contaminación!» Rachar as rutinas provoca un cambio na percepción....
16 septembre 2014

O VIXÍA NO CEREAL

O VIXÍA NO CEREAL
Proust aseguraba que o amor é o estado que nos fai sentir con máis intensidade o espazo e o tempo. Eu temo que o amor é un estado de aparvamento que nos sitúa flotando sobre o espazo e afastados do tempo. Ao contrario ca o autor de Á busca do tempo perdido,...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité