Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 février 2012

XOSÉ RAMÓN GAYOSO TEN CARA DE EXPRESIDENTE

XOSÉ RAMÓN GAYOSO TEN CARA DE EXPRESIDENTE
Xosé Ramón Gayoso sufre o mesmo andacio ca Beiras: púxoselle cara de expresidente sen telo sido. Eses riscos solemnes, tan cargados de aura patrimonial como exentos da oxidación celular, son o único signo de estabilidade emocional ao que pode aferrarse...
Publicité
Publicité
20 février 2012

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA
ÁS VECES leo libros que non me interesan. As novelas de amigos e recomendados non contan. Teño dúas columnas de libros a ler na sala. Cando me chega un deses volumes introdúzoo polo medio do resto e vou deixando que a lei da gravidade cumpra a súa condea...
5 avril 2012

50 FAMOSAS CON CELULITE

50 FAMOSAS CON CELULITE
A revista In Touch despregra no seu novo número un detallado e valioso estudo sobre 50 famosas con celulite. A ciencia ao alcance dos aletrados, non todo vai ser Science ou Nature. Debe de ser un estudo socioloxico, como define Mercedes Milá esa granxa...
1 mai 2012

OS HOMES QUE NON AMABAN OS CATALÁNS

OS HOMES QUE NON AMABAN OS CATALÁNS
Cando estou en Barcelona, leo La Vanguardia. Cando non estou en Barcelona, que vén sumando 361 días cada ano, leo La Vanguardia. La Vanguardia, como todos os diarios ben estruturados, ben escritos e ben amenos, hai que lela en papel; pero non sempre a...
8 juillet 2013

BERTRAND RUSSELL, INFIEL ANTE NOTARIO

BERTRAND RUSSELL, INFIEL ANTE NOTARIO
Bertrand Russell foi infiel ante notario. Como bo filófosofo, faltábanlle argumentos para xustificar deitarse con mulleres coas que non casara e facelo con máis entusiasmo que coa que estaba casado. Como quería divorciarse da primeira esposa, Alys, houbo...
Publicité
Publicité
12 août 2013

AS RÚAS NAS QUE FALAN ITALIANO

 AS RÚAS NAS QUE FALAN ITALIANO
Varias universidades europeas trazaron un mapa xenético de Europa na Idade de Bronce. Entre a homoxeneidade do sur do continente, chamoume a división da actual Italia en dous grupos: o Itálico e o de Cultura Terramare. A liña divisoria cruza un chisco...
30 juin 2013

A LETRA INEXTRICABLE

 A LETRA INEXTRICABLE
Don Julio viña ás veces por Lugo para detallarnos a programación cultural que promovía a entidade que dirixía. Don José Luis nunca fixo tal. Mandaba recado. Os subordinados de ambos os dous pronunciaban o don como se lanzasen unha pedra a pozo insondable,...
2 juillet 2013

O ÚNICO AUTOR GALEGO VIVO QUE NON OPINA SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O ÚNICO AUTOR GALEGO VIVO QUE NON OPINA SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Xosé Manuel Pereiro contoume hoxe unha historia que non vou contar, non por imitarlle o título a Xosé Cid Cabido, senón porque debe ser el quen a narre en Si, home, si. A través da coincidencia na Coruña Baixa, perto dos Méndez Núñez, lembrei, coma se...
9 mai 2012

PATXI ETA ANDONI ABANDOAN O CONCERTO

PATXI ETA ANDONI ABANDOAN O CONCERTO
Na Comunidade Autónoma Vasca, nesa terceira parte do Basqueland, tamén temos grupos de sona. A Jeltzale Big Band (EAJ-PNV) asentouse no alto das listas durante tres décadas, ata que Patxi eta Andoni, denunciaron os contratos da banda indie Batasuna -a...
11 mai 2012

PAGAREMOS A ESCOTE PARA QUE MADRID NON QUEDE SEN BANCO

PAGAREMOS A ESCOTE PARA QUE MADRID NON QUEDE SEN BANCO
O SÁBADO MIREI en Telemadrid un documental sobre Os Pelayos. A reportaxe estaba marcada pola estética ferinte dos casinos on line e off line . Seica eses señores desenvolveron unha técnica estatística para forzar o azar. En calquera país luterano, ese...
14 mai 2012

O BLOQUE EMPEZOU A SER BLOQUE

O BLOQUE EMPEZOU A SER BLOQUE
O Bloque comezou onte unha nova xeira na que é Bloque. Antes non me aclaraba con quen eran os seus militantes: había dende marxindependentistas a liberautonomistas pasando por usuarios recurrentes de tempos compostos sen unha teoría política que os guiase....
18 mars 2012

SABORES FORTES E CLAROS

SABORES FORTES E CLAROS
EMILIA PARDO BAZÁN debeu de nacer setemesina porque sempre andaba co reloxo vital apresado. En 1892 fundou a Biblioteca de la Mujer, que pretendía achegar as novelas e ensaios que circulaban pola Europa da altura á intelixencia feminina española tanto...
3 avril 2012

AS OCORRENCIAS

AS OCORRENCIAS
Nos anos 80, os New Romantics disfrazábanse en toda Europa para saír de noite. O seu lema era "baila antes de que caian o misil". O desafío continuado entre os Estados Unidos e a URSS empuxaba a darlles a razón. Eu mirei rapaces bailando nunha paisaxe...
14 juillet 2012

EUROCOPA, CHAFARINAS E OUTROS McGUFFIN

EUROCOPA, CHAFARINAS E OUTROS McGUFFIN
T odo o que sabía sobre Chafarinas eran o título da novela adolescentemente triste e a parodia histriónica que lle trazou o Manuel Jabois que se mira dende fóra e dende o futuro, que é o Jabois mellor destilado. Son incapaz de situar Chafarinas no mapa,...
5 septembre 2012

BICOLOR

BICOLOR
Esta tarde conducín de Lugo a Santiago. De camiño, nun bar anunciado discretamente cunha luz vermella, vexo unha bandeira bicolor pendurada. As consideracións son dúas: esa caste de símbolos anuncian asemade outras institucións de non menor asento na...
13 octobre 2012

¿CÓMO VA A SER NACIONALISTA GENTE QUE SABE QUE NO PODRÁ VIVIR EN SU PAÍS?"

¿CÓMO VA A SER NACIONALISTA GENTE QUE SABE QUE NO PODRÁ VIVIR EN SU PAÍS?"
Aníbal Malvar pregúntame sobre nacionalismo gallego para El Confidencial: "En cuanto a los gallegos, siempre hemos tenido un sentimiento galleguista muy sentimental, del tipo marcar unas pocas diferencias para enseñárselas a los turistas. Nada más. Eso...
20 septembre 2012

MARIO CONDE OUVEA COMA TODOS

MARIO CONDE OUVEA COMA TODOS
Mario Conde asimilou poucas esencias galegas. Alguén debeu bisbarlle que en terra de lobos, ouvea coma todos e botouse a falar en pailán para presentar a súa candidatura á Xunta. Para a miña sorpresa, a súa pratea non percibiu a envoltura cómica do acto....
19 octobre 2012

DERRADEIRA CHAMADA PARA AS PERSOAS ELEGANTES QUE USAN POLAROIDS

DERRADEIRA CHAMADA PARA AS PERSOAS ELEGANTES QUE USAN POLAROIDS
O derradeiro día para apuntarse a 'As persoas elegantes usan polaroids' é hoxe. Trátase do obradoiro práctico de xornalismo que imparto dende mañá en Vigo. 6º SESIÓN. 1. NA VOSA OPINIÓN. -No ventre do silencio con Xosé Luís Méndez Ferrín. O primeiro libro,...
25 octobre 2012

BASSANIO NAUFRAGA NO PRESTIGE

BASSANIO NAUFRAGA NO PRESTIGE
Levo días convencendo aos meus amigos de que Mangouras é Norman Mailer, revivido e empotrado como acusado no macroxuízo fisterrán e apocalíptico. Recoñezo que o desmesurado caos do Prestige ten máis de cinematográfico ca de literario, que é máis axeitado...
28 octobre 2012

AUGAS NEGRAS, PIXAMAS BRANCOS

AUGAS NEGRAS, PIXAMAS BRANCOS
Joan Didion conta cun verniz de retranca a urxente fuga do xeneral Gerardo Machado dende A Habana ata Miami nunha noite de agosto de 1933: «Levaba canda el cinco revólveres, sete sacos de ouro e cinco amigos en pixama». A reportaxe, Mañana Uno, forma...
29 octobre 2012

O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA

O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA
Os poetas de agora non viven o outono coma antes. Xa non dedican os seráns a contemplar a vagarenta e prácida caída da folla, senón que a recrean en Twitter. Xa non lamentan o demorado repregue da vida cara aos cuarteis de inverno, senón que tratan de...
14 décembre 2012

NON HAI CON QUEN FALAR

NON HAI CON QUEN FALAR
HAI UNS DÍAS que lle retirei a palabra ao televisor. Antes sempre contestaba aos saúdos dos presentadores, mesmo cando me parecían impostados, como me acontecía con Xosé Ramón Gayoso. O meu tío Juan aprendeume sendo eu neno que se debe contestar ás persoas...
29 septembre 2012

A PERRUCA AMPUTADA

A PERRUCA AMPUTADA
Santiago Carrillo imitaba ben ao Santiago Carrillo que trazaba Pedro Ruiz. Hai unha década, na rúa do Horreo, en Santiago, o líder comunista fumaba agachando a cabeza como se a perruca clandestina fose un membro amputado. Eu coñecíao polas parodias da...
18 septembre 2012

O HOME QUE DEITOU O ROTRING

O HOME QUE DEITOU O ROTRING
As terrazas teñen un aura de inspiración para os escritores. Unha boa parte da literatura norteamericana do século XX manou das terrazas cafés parisinos, que son incómodas polas mesas que non superan en tamaño ás bandexas dos camareiros e por estar expostas...
11 octobre 2012

HOUBO UN DÍA EN QUE LLE MENTÍN Á GARDA CIVIL

HOUBO UN DÍA EN QUE LLE MENTÍN Á GARDA CIVIL
Houbo un día en que mentín á Garda Civil. Non o tiña por costume, pero aquela tarde non atopei alternativa máis confortable ca tratar de enganar aos axentes e apretar os dentes confiado en logralo. Os anos 90 aínda non marcharan. Aquela Navarra distaba...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité