Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mars 2012

UNHA COCIÑA CON AURA DIVINA

UNHA COCIÑA CON AURA DIVINA
OS PAIS TEMOS un repertorio de chistes recurrentes. A única graza que se lles pode atopar é a da reiteración tanto dos momentos e lugares nos que se formulan como de que sempre sexan os fillos dun os escoitantes. O meu pai manexábase cun índice de catro...
Publicité
Publicité
6 mars 2012

UN CENCERRO COLOCADO AXEITADAMENTE

UN CENCERRO COLOCADO AXEITADAMENTE
O PAI DUN AMIGO meu facía viaxes periódicas entre Ribadeo e Madrid con tal cruel acoso da desdita que inevitablemente se lle apuntaba un veciño. O desagradable para el non era que non o aturase -que tamén- senón que, pasado Meira, o acompañante desmaiaba...
7 mars 2012

VARÓN, MAIOR DE IDADE, LUCENSE, NON IMPUTADO

VARÓN, MAIOR DE IDADE, LUCENSE, NON IMPUTADO
EU SON UN BALBINO. Coma quen di, un ninguén. Son varón, maior de idade, veciño de Lugo e non estou imputado. Nin na Carioca nin na Campión. Son días de coñecer os paseos en helicóptero e estoxos de champaña que nos van reconstruíndo con detalle e profesionalidade...
8 mars 2012

A LIÑA MASON-DIXON DE CABALLERO-JOSÉ BLANCO

A LIÑA MASON-DIXON DE CABALLERO-JOSÉ BLANCO
Abel Caballero e José Blanco dánse un aire con Charles Mason e Jeremiah Dixon, un melancólico astrónomo e un audaz topógrafo que lindaron catro estados dos USA no século XVIII. Caballero e Blanco trazaron unha alianza que cruza o país para armar novamente...
9 mars 2012

HERTA BAÑÁBASE NO BÁLTICO

HERTA BAÑÁBASE NO BÁLTICO
O RÉXIME ANTERIOR non foi so algo que existise en España. En Alemaña do Leste tamén tiveron réxime anterior. Como circunloquio dá vergoña allea, pero debe achegar paz de espírito aos que usan ese termo. Herta, que vivía nunha zona rural e arraiana entre...
Publicité
Publicité
10 mars 2012

CASARES SENTADO NUN SILLÓN AZUL

CASARES SENTADO NUN SILLÓN AZUL
Carlos Casares levou o piñeirismo ao ámbito do real. Son coñecedor do seu labor na oposición ao franquismo, pero a etapa que lle seguín con máis frecuencia foi a dos noventa, cando ocupaba variados e importantes cargos. A miña sensación é que toda a dignidade...
11 mars 2012

GRANDES ESPERANZAS

GRANDES ESPERANZAS
OS VIÑOS DE CHANTADA son un negocio, pero, sobre todo, unha expectativa. Esta semana conversei con adegueiros de Sabadelle, Nogueira e A Sariña. Todos eles ían avanzando no discurso de futuro que trazaban para as súas marcas e acaban no mesmo centro do...
12 mars 2012

A DOMADORA DE MONSTROS

 A DOMADORA DE MONSTROS
HAI UN MONSTRO que respira dentro de cada un de nós. Melvin Maples, o protagonista da última novela de Amélie Nothomb Una forma de vida (Anagrama) púxolle nome feminino e de belas resonancias a ese monstro: Sherezade. Todos temos unha parte (ou varias)...
13 mars 2012

O SEÑOR DOS CARAMELOS MARCHOU CON ELENA ESPINOSA

O SEÑOR DOS CARAMELOS MARCHOU CON ELENA ESPINOSA
Este non é país para indianos. Cando volve a casa O Triunfos despregamos o repertorio de agarimos, conscientes de que logo vai marchar. Nuns días retomaremos a miseria cotiá. Leopoldo Calvo-Sotelo, que foi presidente do goberno español, armara ligazóns...
25 mars 2014

XEOMETRÍA

XEOMETRÍA
Bento Spinoza redactou o axioma de que «podemos imaxinar cousas en ausencia da súa existencia presente». Os cultivadores imaxinan cada primavera unha horta que non pretenden que sexa nova, senón que sexa o máis parecida ás hortas de anos anteriores. Virxenciña,...
21 mars 2014

ESMALTE AZUL

ESMALTE AZUL
PASADOS CORENTA séculos dende a construción da Torre de Babel, non é sen tempo que se lles devolva a dignidade aos arquitectos. Segundo se le nas Antiguedades xudeas, do historiador Flavio Xosefo, o rei Nebrodes encargoulles erixir unha torre que abondo...
6 mai 2014

OS CINCUENTA PERIODISTAS GALEGOS MÁIS INFLUÍNTES NAS REDES SOCIAIS

OS CINCUENTA PERIODISTAS GALEGOS MÁIS INFLUÍNTES NAS REDES SOCIAIS
Nunca aparezo nas listas dos periodistas galegos máis influíntes. A vostede, como cliente do Cabaret Voltaire importaralle un carallo ou, con moita alegría pola miña banda, remexerá o cu na cadeira e pasará o dedo índice baixo o nariz por percibilo coma...
2 juin 2015

PALPITA

PALPITA
Estou en contra de que se asubíen os símbolos. Non deixa de parecerme pueril que alguén se moleste por iso, pero deberíamos evitalo mesmo no caso do himno español, tan estrondoso e tan cheirante á vida abandonamente marcial que levaban os militares franquistas,...
26 juillet 2012

UN BAÑO ATLÁNTICO

UN BAÑO ATLÁNTICO
O meu baño de hoxe estaba revestido dun carácter compensatorio. Levaba dúas semanas de lecer en Ribadeo agardando a mergullarme no Atlántico. A miña primeira inmersión mariña do ano rediríxeme aos costumes remotos das sete ondas. Unicamente atravesado...
4 juillet 2012

A CIENCIA ROUBARA O CÓDICE CALIXTINO

A CIENCIA ROUBARA O CÓDICE CALIXTINO
MARTÍNEZ CAMINO xerarquiza o coñecemento en función dunha crenza. Asegura que a relixión vai estar sempre por riba da ciencia porque esta non pode explicar a existencia de Deus. Situarse no ámbito do indemostrable, sempre dá vantaxe, aínda que a ciencia...
19 juin 2012

A LÓXICA MECANIZADA

A LÓXICA MECANIZADA
Os mercados mundiais andaban o domingo tensos, cando menos na tautoloxía periodística, coa broma de que un partido de esquerda que defendía grandilocuencias botase os seus caseiros de Atenas. Os investidores intuían, eu xa o daba por descontado, que os...
10 juillet 2012

UNHA CRUZ DE SANTO ANDRÉ EN VERMELLO

UNHA CRUZ DE SANTO ANDRÉ EN VERMELLO
Foi un abrente de pegatinas. Mundaka amancera aquel día dos 90 con pegatinas nos cristais das tendas, nas portas das casas, nas sinais de tráfico, nas beirarrúas,... por Mundaka en si. Era coma praga de bandeiras española e francesa tachadas con cruces...
6 juillet 2012

OS FILLOS INOCENTES DE HAMLET

OS FILLOS INOCENTES DE HAMLET
Os fillos de Hamlet acudiron en visita aos meus soños na madrugada do xoves e recuncaron na madrugada de onte. Na primeira noite, soñei con que un profesional sanitario que me atendeu durante quince anos e acabou sendo amigo, me requería explicacións...
26 août 2012

TATAMIS, FERRADOS E CAMPOS DE BALONCESTO

 TATAMIS, FERRADOS E CAMPOS DE BALONCESTO
A literatura xaponesa consistiu para min durante unha chea de anos en moito Yukio Mishima, un chisco máis de Haruki Murakami e novelas soltas de Ryu Murakami e Yanusari Kawabata. Atráeme dende que merquei a Kawabata nunha libraría de Ribadeo que parecía...
27 novembre 2012

O KAPAROT DO BNG EN LUGO

O KAPAROT DO BNG EN LUGO
O meu fillo, que anda na volta dos seis anos, soña cada mañanciña cun teletransporte que o leve nunha padiola imaxinaria dende a súa cama quente ata o pupitre duro. Eu vouno animando con revelacións como que o doutor en Física Anton Zeillinger deu teletransportada...
29 novembre 2012

O ANIMAL MAIS CASTIGADO

O ANIMAL MAIS CASTIGADO
A mañá espertara gris e cruel. O ceo estaba tan cincento sobre aqueles montes que os prados semellaban televisores apagados. Un sirio conducía un todoterreo que palidecera co andar dos anos. Soaba unha casette de Asmahan, unha cantante dos anos 30 que...
1 décembre 2012

CAVIAR NA CUSPIDEIRA

CAVIAR NA CUSPIDEIRA
O meu imaxinario sobre a comida rusa vén determinado pola película Doutor Zhivago, de David Lean. O ano pasado, mirándoa de novo informeime de que o caviar foi desprazado cara a Europa canda os nobres rusos que fuxían dos xuízos rápidos dos bolcheviques....
2 décembre 2012

A XENTE QUE ME RODEA NUNCA DI NADA

A XENTE QUE ME RODEA NUNCA DI NADA
A TERRA emite un murmurio xordo e continuo. Díxomo a radio na medianoite. Acordei cun sabor amargo no ánimo, polo que decidín sandarme coa nana do planeta, como Felipe V sandaba os humores melancólicos co canto de Farinelli. Marilyn Monroe esmagaba a...
25 novembre 2012

CHOVÍA CON INTENCIÓN

CHOVÍA CON INTENCIÓN
Chovía con intención sobre Lugo. Cruzóuseme un amigo socialista lucense imputado; palabras que, a este paso xudicial, acabarán en sinónimas. «Agardo a que escampe, en todo os sentidos», ironizou. Falamos das memorias de Touriño, aínda non as lera. O expresidente...
11 décembre 2012

MANSO CANDO CATIVO, ENGANADO DE MAIOR

MANSO CANDO CATIVO, ENGANADO DE MAIOR
UN PAR DE IRMÁNS do meu barrio, en Ribadeo, marcharon a Madrid cando a adolescencia prendía nos seus corpos. O seu pai cheirou democracia e matriculounos no colexio do Pilar, un ximnasio de elites políticas. Cando penso neles, non lembro nada brillante...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité