Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 novembre 2005

EU PROPOÑO (INUTILMENTE) A GONSAR

Leo a Voz para informarme de quen é o Escritor do Mes da Asociación de Escritores en Lingua Galega e the winner is Luz Pozo Garza. Déixame perplexo ter que ler un medio concreto para saber dun recoñecemento que debería figurar en todos os medios nacionais...
Publicité
Publicité
9 novembre 2005

CABARET VOLTAIRE ( ASÍ COMEZA A NOVELA)

Os hoteis son todos idénticos agora. As cidades imítanse entre elas. ¿Quen diferencia un hotel doutro senón o idioma que fala o recepcionista? ¿Quen distingue entre dúas avenidas de diferentes localidades sen valerse dos letreiros? Antes as árbores brillaban...
10 novembre 2005

QUERO SABER OS NOMES DOS CORRECTORES

Ducias de oterianos axeixan ás portas do meu Cabaret Voltaire armados con perigosos dicionarios de mira telescópica. Deixan comentarios no foro de Vieiros e neste mesmo blog ameazando coa súa curiosidade en saber que parte do estilo da novela é miña e...
23 novembre 2005

A MELHOR REVISTA DE PORTUGAL DESAPARECE

Reproduzo a necrolóxica que publica a revista portuguesa Periférica: A PERIFÉRICA VAI ACABAR Não adianta carpir, porque é decisão madura, colectiva, irreversível. E é também a decisão certa. Permitam-nos o nosso momento de humildade: o patamar que a revista...
30 novembre 2005

OS CIBERCÁNDIDOS

O que lles vou contar é un asunto privado, pero xa que hai dous insidiosos e, sen embargo, amigos meus (María e Martin Pawley) preocupados vou explicar a cuestión dos dereitos de www.jaureguizar.info. Sei da literatura e do país no que escribo, pero disimulo...
Publicité
Publicité
1 décembre 2005

A PLUMA DE MAURICE CHEVALIER

Con todo, somos afortunados. Patrick Modiano, o escritor francés, conta na súa crónica vital Un pedigree que, cando neno, en 1970, recibiu unha pluma enviada por Maurice Chevalier como recompensa nun premio literario. Houbo de vendela en 200 francos para...
12 décembre 2005

ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA, PREMIO CAIXANOVA

O xurado do IV Premio de Poesía Caixanova decidiu hoxe outorgarlle o galardón a Arcadio López Casanova pola obra "Herdo do canto", que foi presentado baixo o lema "Orfeo". O certame, dotado con 10.000 euros, é o de maior dotación do panorama literario...
18 décembre 2005

GOD BLESS GALIZA

Brooklyn follies de Paul Auster será editado en febreiro por Galaxia, Raymond Carver aparecerá en Sotelo Blanco con prólogo de Luísa Castro. Eu vexo pouca relación entre Luísa e Carver, pero todos os libros dunha nova colección da editora comopostelá...
20 décembre 2005

COMO CONSECUENCIA

A Noite da Edición serviume para comprobar que hai persoeiros da cultura que len este blog e, como consecuencia lóxica, non me falan, e para coñecer os dous anuncios que van animar a ler libro galego na TVG e, como consecuencia, non animarán. Os anuncios...
21 décembre 2005

LITERATURA DE CASTROMIL

Anos atrás, Xosé Carlos Caneiro afirmaba que “a literatura galega está morta”, que “soamente se fai literatura de Castromil” e que Suso de Toro dicía “susodetoradas”. O escritor compostelán publicara Miles de castromiles, un conto excelente co que se...
22 décembre 2005

LECTURA PARA AS ELITES

Unha mesa do Asasino de Compostela acolleunos onte os dous mellores escritores nacionais (Xurxo Borrrazás e Xabier Löpez López), a dous dos poucos editores do estado con criterio e que a maiores publican o que lles peta (Constantino Bértolo e Carlos Lema),...
23 décembre 2005

NOBELICEMOS A RIVAS

Xa llelo contei algunha vez. Ánxel Fole, cada vez que comprobaba no Progreso que o propuxeran para o Nobel, tiraba a cavicha da boca e exclamaba: "¡Que tolos están!" Agora, varios colectivos nacionais repiten o erro pedindo o Nobel para Ferrín. Como se...
30 décembre 2005

OS PREMIOS NACIONAIS

A nova Lei do Libro determina a creación de varios premios nacionais en cada un dos xéneros habituais nestes casos. A Xunta pretende cumprir esa disposición, mais constata que os numerosos recoñecementos gremiais (Irmandades de Libro, Premios da Edición,...
6 août 2011

AS ESTRATEXIAS DE AMADOR MOHEDANO, OS COMUNISTAS ESLOVENOS E BILDU

Amador Mohedano adoptou unha estratexia imitable retrasando o tempo de informar a Rosa Benito sobre o acontecido a Ortega Cano. Mohedano entendeu que a súa muller precisaba das enerxías todas para vencer en Supervivientes, un concurso mallador fisica...
7 août 2011

MARCOS PÉREZ PENA "O XORNALISMO GALEGO TEN DEMASIADA RESPONSABILIDADE POLÍTICA"

MARCOS PENA analiza en Un Vento Vén o derrube de Xornal achegando algunhas ideas rendibles de cara a erguer un proxecto similar no futuro: [Un estudo recente afirma que a principal razón dos norteamericanos para subscribirse a un xornal impreso de ámbito...
27 juillet 2011

A LITERATURA GALEGA CABE NUN XORNAL

Blog Que Peli Trae? ecoa unha promoción de Xornal que para min será un emotivo agasallo de 46º aniversario [Consigue con Xornal de Galicia esta fabulosa selección de 8 libros de la literatura gallega en formato de bolsillo. Lista de entregas: Xa vai o...
29 juillet 2013

UN PISTOLEIRO SERBIO

O reloxo é este mesmo Omega suízo que levo posto. O meu pai adoitaba levalo coa esfera cara ao interior do pulso, coma tres personaxes de O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes, que se identifican dese xeito. O amigo do meu irmán Mikel Miguel...
13 janvier 2006

UNHA VOLTA DE FERNÁNDEZ PAZ

¡Vaia medo, mamá Raquel! non é o mellor que lle lin a Fernández Paz. Empeza dun xeito moi agardable. Con todo, o presidente da República da LIX sabe darlle a volta contra a fin e resolver moi satisfactoriamente. O talento acaba sempre por agromar. Fran...
20 mars 2006

O ESPECTÁCULO DO BLANCO AMOR

O Concello de Neda decidiu converter o Premio Blanco Amor nun espectáculo designando seis finalistas que se decidirán nunha cea que (probablemente) acontecerá o 27 de maio. Sen tempo non era de que alguén se decate de que o SLN (Sistema Literario Nacional)...
29 mars 2006

OUTRA ONDA DESACOUGANTE NA RADIO GALEGA

A Radio Galega segue sometida a ondas que desaougan os que somos seus escoitantes. O comit é de empresa convocou unha asemblea para o venres (31 de marzo do 2006) . A xuntanza foi promovida con 57 sinaturas de traballadores, máis dun terzo do persoal,...
15 août 2006

CORREDORES NEGROS

O Cabaret Voltaire reabre hoxe despois dun mes de estadía do hostaleiro no balneario de Baden-Baden. As miñas ocupacións deste tempo, escasas, mais largacías, supuxeron atrancos serios para ler. Con todo, dei gozado de Corredores de sombra de Agustíin...
16 août 2006

O ANO 1945 EN MARIENBAD

Se o de Günter Grass non era unha manobra publicitaria, a súa editora entendeuna como tal. Hoxe sóubose que a pertenza do escritor ás Waffen-SS era unha coñecida dende a súa detención en 1945 na localidade checa de Marienbad. e que ninguén se preocupou...
7 septembre 2006

FÍOS ESCARLATA

O pasado venres ía dende a Lugo a Ribadeo pola estrada da Meira a medianoite. A lúa alumeaba con intención. No alto do Marco de Álvare albisquei un pivote de bandas laranxas e brancas na beiravía. Tras del, un Nissan coas luces acesas. Dous chaleques...
27 mai 2006

AS SILUETAS DE GÉMEO LUÍS

Algúns xa sabíamos que é o mellor deseñador de Portugal. Agora veñen confirmalo. Unha tarde de hai un ano, nesta mesma altura, pasei unha tarde de calor no xardín da súa casa de Porto. Sentamos ao abeiro dunha árbore, comendo ameixas e bebendo auga fresca...
2 octobre 2006

UNHA ENCARGA EXCESIVA DE CHAMPAGNE

No Cabaret Voltaire, cando nos engañamos por exceso ao facer unha encarga de Veuve Cliquot, non partimos as botellas nin lles cambiamos a etiqueta, que xa ten a propaganda feita. Tratamos de adiar o pago e intentamos elaborar unha oferta atractiva coa...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité