Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 mars 2006

A VELOZ LENTITUDE

Ando algo desnortado polas mañás dende que marchou o meu xornalista de culto. O seu programa estaba ben planificado e estupendamente ordenado; era ameno, variado, plural, preciso e fondo. Hai dous anos marchárono por falar de máis, agora marchou el. Hai...
Publicité
Publicité
21 avril 2006

CHAVES, ÁRBORES E PARAUGAS

Andrés Trapiello escribiu un texto para a exposición de pintura que Vázquez Cereijo mantén na galería Clérigos de Lugo co nome Un año en las islas Hébridas. Trapiello define, entre elas, a illa que pintou Cereijo, Barra, polas cousas das que carecen:...
14 juillet 2006

OCCHI DELL'ACQUA

O estupendo debut de Domingo Villar, Ollos de auga, será traducido ao italiano á volta do verán. A data de publicación é outra cuestión porque sabemos que Feltrinelli ten os dereitos e a intención, e non sabemos máis nada. Canto á trama, eu sempre pensei...
14 mars 2006

CDO

O Centro Dramático Galego terá o venres novo director. Eu reitero a miña aposta. Non é soamente o seu coñecemento do teatro, a súa concepción vangardista, a súa visión do que debe ser, a súa valentía e a súa temida independencia de criterio; sobre todo...
18 septembre 2006

FIN DE FESTA

Félix Fernández cóntanos de xeito abraiante a fin de festa de Europa, o momento ese dos guateques nos que todo o que queda é o cheiro a cervexa e fragmentos de confetis esparecidos polo chan. A instalación Festa Branca é xenial, con esas bolas de espellos...
Publicité
Publicité
10 octobre 2006

DOCE

A pícara ten 24 horas. Naceu ás 16.00 de onte de parto natural en Vigo, na mesma clínica que a maioría dos seus irmáns. Atópase ben de saúde. Para os curiosos direi que pesa 220 gramos e mide 21 centímetros de alta. Conto que os interesados poidan visitala...
29 novembre 2006

SONA

Quéixome a un amigo de que entre, unhas cousas e outras, ando derrengado. Nomeadamente, porque se me xuntou a iso que se me esgota o prazo para entregar unha novela, na que aínda me quedan unha chea de correccións por facer. Con todo, cumprirei. O meu...
6 décembre 2006

XEOPOLÍTICA

A min tamén me deu esta impresión. Se non a fixen pública é por non ser reiterativo. Pero si, sabemos por que non lle gustaba Horacio Dopico porque xa llo limos; non por que lle gusta o narrador de agora. A narrativa de Diego non cambiou tanto como xustificar...
19 décembre 2006

APETÉCEME CAMILAR

Apetéceme Camilar. As miñas gañas intensificáronse con Paperback writer: "Esta é a historia dun sucio home e a súa limpa muller non o entende. El tenta escribir unha novela como a vida mesma, pero ela inventa todo tipo de trampas para conseguir que escriba...
22 novembre 2005

MARÍA VICTORIA MORENO FINOU

Reproduzo nota: María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941-Pontevedra 2005), que se estableceu en Galiza 1963 e foi especialmente coñecida polo seu libro Anagnórise, finou esta tarde. Publicou numerosas obras infantís e xuvenís entre...
12 janvier 2007

OS NEGRIÑOS DE ÁFRICA

Obviamente quen escribiu isto non é un intelectual. O artigo esté entre o neoliberalismo de que entende que a cultura debe termar economicamente de si (e ser Antonio Gala ou desaparecer) e un populismo demagóxico de alcalde pedáneo. Esqueceu denunciar...
27 mai 2006

FRANCISCO CASTRO GAÑA O BLANCO AMOR

Francisco Castro vén de gañar o Premio Blanco Amor, que se entrega hoxe no Concello de Neda. A final, con seis obras, estivo ben rifada. Deberían ler todos os que non o fixeron Xeración perdida, unha crónica social que deixa a un corazón tremendo e tratando...
24 janvier 2008

O FRACASO DOS 'COSTA'

Os Premios Costa (antigos Premios Withbread) a unha novela publicada por un autor residente nas illas británicas foron todo un espectáculo na edición deste ano. Á final en novela chegaron obras condicionadas polo fracaso. Gañou unha cómica escocesa coa...
25 janvier 2008

ALFOMBRA VERMELLA PARA A MÚSICA GALEGA

O apoio que está dando Cultura á música nacional é intelixente e necesario. Hai que estar en Cannes e alí van estar representantes de catro discográficas. Deberíamos ir intentando ter un pavillón de nós para vindeiras edicións coa fin de non ter que figurar...
13 février 2008

AS ROUSAS DE PIMENTEL

Vai alá medio século que o barco ficou sen luces. Presumimos del como un dos nosos, cando non o foi. Un amigo que estudou os seus manuscritos di que o seu galego era deforme, que el intentaba escribir en galego e lle saían cousas como rousas. Sempre había...
14 février 2008

UN ACTO DE AMOR

A miña muller sempre me reñe por facer estas campañas, mais dado que hoxe é o Día dos Namorados, voulles pedir a aqueles de vostedes que sexan membros da AELG que pepetren un acto de amor, se interesen por Plastilina nos pulmóns, e voten por el como candidato...
15 février 2008

O SECUESTRO DE RIVAS

Comendo espaguetis diante da televisión é unha novela negra cunha trama central baseada nun protagonista que debe quitar un cadáver que alguén agochou no sitio máis vixiado de Galicia. A maiores, hai outra trama e varias subtramas. Entre elas, o secuestro...
18 février 2008

BALBINO TERÁ LIBRO, HOMENAXE, ESCULTURA E MESMO POIDA QUE PELÍCULA

Ismael González está promovendo un libro no que medio cento de autores galegos escribimos sobre Balbino. A maiores, habérá este verán unha homenaxe nacional en Compostela ao seu creador; unha escultura do rapaz e máis dos seus pais, que se podería instalar...
27 février 2008

MALI, LANZAROTE, LUGO

O gravado adoita mirarse como arte menor. Mesmo eu o teño pensado. Barceló convenceume onte do contrario cando paseei pola mostra de obra gráfica dos últimos vinte anos que mirei no Museo Provincial de Lugo. As tauromaquias dos noventa non me chamaron,...
25 octobre 2007

SETE TAZAS TRADUCIDAS

Unha Galaxia de traducións para o outonear: Camposanto de Sebald, O castelo branco de Pamuk, A pista de area de Andrea Camilleri, O retorno de Schlink, Tres contos de Flaubert, As mágoas do mozo Werther de Goethe, O ruído e a furia de William Faulkner...
25 mars 2008

PROPOSTAS PARA OS PREMIOS NACIONAIS

Hai moita xente que opina que temos moitos premios. Eu tamén. E máis que precisamos para valorar-nós. Por iso aplaudo coas dúas mans a creación dos Premios Nacionais que promoveu Cultura. Percibo como elevadamente positivo que se fale dos nosos creadores...
26 mars 2008

BALBOA, MACÍAS, BAL Y GAY

A recuperación e posta en esplendor das nosas obras de clásica resulta un camiño encoiado e exasperante. A iniciativas son solitarias, beintencionadas e escasas en medios. Salientan estes días as xeiras de Lino Braxe e máis a de Saúl Canosa e Natalia...
28 mars 2008

DOCAMPO, O CALVINISTA

Xabier Docampo anuncia para outubro 'O libro das viaxes imaxinarias' na colección 'Dream Team' de Xerais. Un turista da fantasía percorrera varias cidades levando experiencias, receitas e poemas de cada lugar. Docampo confesa o seu calvinismo na inspiración...
29 mars 2008

TEATRO PROFESIONAL EN LUGO

Lugo é unha cidade con nutrida e histórica afección dramática, ata o punto de que hai un certame anual de teatro amador feito na cidade. Malia as dificultades, o colectivo 'Palimoco' remudou en profesional con media ducia de actores. A noticia súmase...
2 avril 2008

NATALIA COLOMBO, QUEN MELLOR ILUSTRA ÁLBUMS

Natalia Colombo gañou o Premio Compostela de Álbum Ilustrado e fíxoo na edición que máis se agradece, esa na que miras para atrás e non hai ninguén. Colombo gañou o premio coa proposta Cerca, cunha ilustración orixinal e sobria. Segundos foron Javier...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité