Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 janvier 2006

O TERCEIRO HOME

Agustín Fernández Paz e máis eu debatemos sobre o uso da primeira persoa como narradora. El usa ese recurso na súa vindeira novela, Corredores de sombra (hai información en El Progreso do martes, 24 de xaneiro). Defende que lle permite facer máis crible...
Publicité
Publicité
26 janvier 2006

OS CINCO DEDOS DE ALICIA

"Érase unha vez un país chamado Galiza no que había unha lingua de seu e mesmo escritores que contaban, poetizaban e reflexionaban nesa lingua de seu. Nese país, había uns editores que negociaban os contratos de edición con todos os autores; si, con todos,...
27 janvier 2006

ALICIA VOLVE SOÑAR

Alicia rematou o seu paseo polo país das marabillas e sentou ao abeiro dun carballo. Pensou daquela que se a Asociación de Escritores en Lingua crease unha asesoría xurídica podería facer reclamacións conxuntas por todos os asociados que non cobran que...
30 janvier 2006

DOUS RAPACES

O instituto monfortino da Pinguela convídarame a dar unha charla hoxe. Afronto unha gavela postadolescente á que debo entreter durante unha hora. Como adoito, improviso un sinxelo obradoiro de conto para que os rapaces non se aburran, comprendan a facilidade...
1 février 2006

CUBA SEGUNDO CONDE

A Editorial Galaxia edita Lukumí, a nova novela de Alfredo Conde, que presentará Ediciones B en español. No libro, Conde segue a historia do mulato Estevo, descendente de escravos africanos. O personaxe conta a historia da familia da súa nai, bailarina...
Publicité
Publicité
2 février 2006

A CASA GRANDE DA EDITORA

Reproduzo a contestación dos editores ás informacións da Voz: "Diante das informacións aparecidas nestes días nas páxinas dalgún medio de comunicación arredor do tema dos dereitos de autor, ou mellor, do impago dos dereitos de autor por parte dalgunha...
3 février 2006

ARREDOR DE SI (MESMOS)

Alfredo Conde reflexiona algo moi sensato no último número da revista Dominical: "Un dos últimos redutos de Europa con capacidade narrativa é Galicia [...] salvando un grupo importante de grandes escritores, a maioría dos autores galegos son profesores...
6 février 2006

LUÍSA CASTRO, PREMIO BIBLIOTECA BREVE

Luísa Castro gañou o Premio Biblioteca 2006 coa novela A segunda muller, unha historia de amor apaixoado entre unha moza e un home maduro infestada de contratiempos que xorden entre os protagonistas pola idade, a diferente condición social e a distinta...
9 février 2006

PIDO DESCULPAS Á ACEL

Quero pedir desculpas aos críticos galegos que pertencen a Asociación Española de Críticos Literarios polo meu comentario Luciano e os sete. Redacteino incorrectamente e, por mor diso, enténdíase o contrario do que eu quería dicir. Luciano Rodríguez,...
15 février 2006

O PUBLICISTA GAÑA AOS ESCRITORES

O publicista catalán Carlos Ruiz Zafón foi galardoado hoxe co premio literario Correntes d'Escritas, que distingue a unha novela escrita nalgunha das linguas faladas na Península Ibérica. O anunciou fíxose no acto inaugural do encontro literario celebado...
16 février 2006

HIERBA MORA

A novela Herba moura de Teresa Moure será publicada por Lumen en español. Aparecerá en setembro en tradución da propia autora e vaise titular Hierba mora. Moure está redactando agora a versión española doutra novela súa, A xeira das árbores, que Olegario...
20 février 2006

EXCUSAS

A preguiza, a choiva, o viruxe, o fútbol, a presentación dun libro, recoller os nenos na clase de piano, pensar en que non vou contar nada novo, o peche tardeiro do xornal, visitar o primo Raúl no hospital, argallar na PDA para conectala co ordenador,...
23 février 2006

O PEN CLUB PREMIA A ISABEL ALLENDE (ENTRE OUTROS)

O Pen Club galego vén de conceder os seus Premios Rosalía de Castro. Un xurado integrado por Luís González Tosar, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Bieito Iglesias, Marilar Aleixandre, Ursula Heinze e Modesto Fraga decidiu, de entre as propostas...
28 février 2006

O LABOR DE CESAR ANTONIO MOLINA

Escoito poucas loubanzas para o labor bonito que está facendo César Antonio Molina como director do Instituto Cervantes a prol da nosa cultura. Hoxe anunciou en Mondoñedo unha Biblioteca Álvaro Cunqueiro en Damasco, que será un dos referentes da nosa...
24 mars 2006

XORNALISMO ELECTRÓNICO, FOROS, E-BOOKS E BLOGS

son os temas sobre os que falaremos Manuel Bragado, Camilo Franco, Manuel Forcadela, Pedro Sena-Lino e mais eu ás 11.30 de mañá (sábado, 25 de marzo) nunha mesa do ciclo O escritor e os medios de comunicación, que organizan o Pen Club e Caixanova. Eu...
31 mars 2006

ANTÓN PATIÑO REGUEIRA

A primeira, única e derradeira vez que o vin foi en Monforte, nunha debate sobre arte nos medios de comunicación. Daquela non o recoñecín, mais recoñecín no seu xeito de vestir (un pano vermello anoado ao pescozo) e mais no seu bastón enérxico un home...
4 avril 2006

OS CABARETS VOLTAIRE

Manuel Veiga entrevístame para A Nosa Terra co gallo do Cabaret Voltaire. Ademáis de exercer de perodista, é un bo profesional e le os libros sobre os que vai preguntar. Confirmo o lugar común de que hai tantas novelas como lectores. Mesmo hai moitas...
5 avril 2006

CAFÉ CABALLO DE TROYA

Pese a ser de Navia de Suarna, Constantino Bértolo non traballa como taxista en Barcelona. A súa xeira é ser editor en Madrid dirixindo Caballo de Troya, unha casa que publica literatura con ideoloxía e risco. Do melloriño en narrativa avanzada en español....
13 avril 2006

DILEMA RUSHDIE

Salman Rushdie despedirase da presidencia do Pen Club Internacional na xuntanza que o colectivo celebrará en Nova York contra fin de mes. Fe e razón será a idea base para as actividades. O escritor ameazado convidou a Tariq Ramadan, aínda que a Lei Patriota...
17 avril 2006

O DÍA DO ESCRITOR

O noso mellor escritor ten entregado en Xerais o seu novo libro, unha crónica sobre un día do propio autor. Ás veces falamos; ben eu creo que falo con el, pero non estou certo de todo porque é por teléfono e el está empeñado en desaparecer. El louba a...
1 mai 2006

AS IDEAS CATIVAS

Morren Galbraith e Revel e ningún blogueiro semella informarse. Morren dous das persoas que achegaron as máis brillantes ideas á socialdemocracia e ao liberalismo e nin o menor debate. Sempre nos foi máis o espectáculo, o cheiro das corredoiras, os discursos...
2 mai 2006

UN XOGO DE APÓCRIFOS

Convídoos a unha gozosa lectura. Non soamente porque a miña inmodesta persoa acabe por ser o motor da maioría dos debates que nese lugar intentan establecerse, que tamén. Nomeadamente porque serve para analizar con eficacia as consecuencias de usar seudónimos...
4 mai 2006

VILLARES XERA EXPECTATIVAS

A toma de posesión do novo presidente do Consello da Cultura Galega semellaba ser coma as anteriores: algúns amigos e algúns representantes políticos, sociais e culturais acompañarían o responsable entrante. Pero non, as invitacións remitidas tiveron...
16 mai 2006

¿DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE LITERATURA?

Pasámonos o día repetíndonos que as cuestións persoais non deben influír nas literarias. Pasamos o día repetíndoo por ver se algún día acreditamos nese mantra. Un dos defensores máis intensos desa idea argumentou hai dez días que unha novela non podía...
23 mai 2006

AS PRESENTACIÓNS ANOVADORAS

El e máis eu temos debatedo unha chea de voltas a necesidade de anovar as presentacións dos libros. O acto no que un amigo do escritor louba a xenialidade da obra é vergoñante. Eu tenteino con música, levando grupos en directo, probei con vídeos e música....
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité