Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 mai 2006

PAUL AUSTER, PRINCIPE DE ASTURIAS

O xurado do Príncipe de Asturias vén de conceder o galadón a Paul Auster. O escritor impúxose na derradeira votación a Philip Roth. Os xuris valoraron "a renovación literaria que levou a cabo ao unir o mellor das tradicións norteamericana e europea, innovar...
Publicité
Publicité
6 juin 2006

AS LOUCURAS DE BROOKLYN

Paul Auster deunos con Brooklyn Follies unha das súas mellores novelas. Dende A música do azar non nos ofrecía nada de tanta calidade. Salientarei deste romance os seus personaxes, nomeadamente ese Natham Glass que descubre como a casualidade pode mudar...
8 juin 2006

UN CONDUTOR NO BLÚMSDEI

Búmsdei (Xerais) de Xosé Cid Cabido e O condutor que quería ser Deus (Rinoceronte) do israelí Etgar Keret están casualmente conectados. Non unicamente por apareceren os dous volumes nestes días, tamén polo seu ánimo caotizador e irreverente e polo seu...
16 juin 2006

A SOIDADE DE RIVAS

A semana pasada pareceume mirar un tanto soziño e Rivas na Illa de San Simón. Poida que fose unha impresión miña e estivo sempre moi acompañado, mais non sentín esa nube de moscas que o acompañara noutros encontros colectivos. Pareceume cruel a actitude...
19 juin 2006

ALFONSO SANMARTIN, PRESIDENTE DA AGE

Alfonso Sanmartín (Rodeira) converteuse no presidente da Asociación Galega de Editores nunha asemblea na que obtivo 19 votos a favor e tres abstencións. Semella que a pax editorial, que logrou Miguel Anxo Fernán Vello tras a etapa de Fabiola Sotelo á...
Publicité
Publicité
20 juin 2006

LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA

é o título da novela coa que Manuel Veiga gañou o Premio García Barros 2006. Valorando as súas declaracións, penso que a obra pode ser interesante. Non abondan na literatura nacional as novelas sobre relacións persoais, sendo como son un síntoma de madureza...
21 juin 2006

CONSIDERACIÓN COS LIBREIROS

Manuel Bragado e Manuel Rivas presentaron Os libros arden mal aos libreiros nun xantar que se desenvolveu este mediodía. Xa loubei esta iniciativa que Xerais empezou aplicando coas novidades de Agustín Fernández Paz e Suso de Toro e que se notou cunha...
22 juin 2006

ISIDRO NOVO GAÑA O 'ARCEBISPO SAN CLEMENTE'

Isidro Novo gañou o Premio Arcebispo San Clemente con Un escuro rumor tras o silencio. A miña novela Cabaret Voltaire ficou como finalista, xunto con Aguillóns de Ortegal de Hixinio Puente. Comprenderán que prefería que gañase o meu libro, pero gañou...
26 juin 2006

NOTA DA DIRECCIÓN

O Cabaret Voltaire abrirá dun xeito inconstante e caprichoso durante unha semana, ata o martes vindeiro. Saben que nas horas de peche atoparán a chave no agochadoiro de sempre e que poden entrar, consumir e deixar os cartos na caixa. Será unha semana...
21 juillet 2006

COMPOSTELA BAIXO COMPOSTELA

Depois de cambiarmos a cociña na casa (de algo tiña que server a literatura),a miña filla Sara (tres anos daquela) chorou porque pensaba que a súa cociña estaba baixo a nova e quería levantar o piso. Onte, grazas a Lopo e a ese talento para o espectáculo...
25 juillet 2006

OS PREMIOS IMPORTANTES E OS QUE NON O SON

Disque un dos nosos grandes concorreu cunha novela ao Premio de Relatos por Entregas da Voz. Desta volta non foi finalista. Este comentario non pasa de ser unha apreciación porque o seu nome queda reservado pola plica. Leo en excesivas ocasións que cando...
17 août 2006

UNHA MALA CRÍTICA

Descubro tarde e por casualidade unha mala crítica de Cabaret Voltaire en La Cueva de Zaratustra. A crítica é mala porque a miña novela non lle gustou un carallo ao seu autor, Manuel Rodríguez Alonso; eu non vou chistar porque teño que asumilo. A crítica...
18 août 2006

APARTAMENTOS

O hotel no que o meu espía de Cabaret Voltaire acorda desorientado, La Ferrocarrilana , vai ser descuartizado en apartamentos. O Hotel Lamas (logo Ribanova), no que tamén entra o protagonista cando se cre axente ruso, foi reconvertido en pub neónico hai...
22 août 2006

TENTACIÓN

O editor de Caballo de Troya, Constantino Bértolo, presentaba hai tempo Manual de literatura para caníbales e acertou lendo fragmentos de futuribles críticas que poderían asinar os críticos Sanz Villanueva, Senabre e García Posada imitando o seu estilo....
24 août 2006

PELEMOS A CEBOLA

Penso (e practico) que esta política de moitos escritores e xornalistas deste país de imporse a si mesmos a necesidade de afirmar que todos os libros galegos que len (mesmo os que non leron) son estupendos é negativa para o SLN. Ante tanta marabilla,...
25 août 2006

XESÚS E XIÁN

O maior experto nacional en literatura inglesa conseguiu entrevistar a Julian Barnes. Foi no terceiro intento, o que di moito da tenacidade do xornalista. Supoño que desta volta influiría o feito de sexa o tradutor para o galego da nova obra de Barnes....
17 septembre 2006

MASTERS DO UNIVERSO

Max Gallo conta na súa biografía de Napoleón que este estaba nacendo cando o exército francés entrou en Ajaccio. O protagonista de Anxos do Universo, é parido cando o seu país ingresa na OTAN. Laxness tense ocupado da polémica que se xerou entre os antinorteamericanos...
19 septembre 2006

O FOLIO EN NEGRO

Mario Onaindia protagoniza un documental que andan botando estes días. Mario Onaindia andou no que alí chaman a ETA Zarra porque alí distinguen aquela ETA da ETA Berri. A ETA Vella, idealista e aparvada, era quen de organizar un macroatentado cos seus...
16 octobre 2006

A BOUZA ANIMADA

A elección desta fin de semana aledoume. Semella que vai haber un maior compromiso de cara á utopía de termos un cine nacional. Da actitude do anterior cara á cultura de nós eu desconfiaba. Entrevisteino unha volta tras unha charla sobre o sector audiovisual...
21 octobre 2006

LIMITOME A SUSCRIBIR

"A arte é inútil, polo menos comparado con, digamos, o traballo dun fontaneiro, un médico ou un maquinista. Pero ¿que ten de malo a inutilidade? ¿Seica a falta de sentido práctico supón que os libros, os cadros e os cuartetos de corda son unha pura e...
22 octobre 2006

MONOLINGUA

O meu xornal estatal favorito está narrando a campaña dun xeito entusiasmante e apuntando o papel que lles queda reservado aos xornais de idem: entrevistas diferentes (ás mulleres dos candidatos ou redactadas por un cociñeiro), moita opinión (que se vende...
27 octobre 2006

XUSTIZA POÉTICA

O Tribunal de Xustiza da UE condenou hoxe ao Estado español por eximir a todas as bibliotecas públicas de cobrar un canon polo préstamo dos libros, o que segundo os xuíces vulnera a lexislación comunitaria de propiedade intelectual. Para o Tribunal, o...
30 octobre 2006

AS PRÉSAS DA ETERNIDADE

O afago que máis me fixo abrir a cola ultimamente é que hai rapaces que teñen un meu libro como primeiro que lles gustou. A min, que adoito escribir literatura fugaz para institutos, desconcertoume esta falta de consideración para coa LIX. Xa llelo explicou...
6 novembre 2006

OS PÉS DENTRO DA CAMA

A miña nai debe de pensar que durmo cos pés fóra da cama. Por iso sempre teima en regalarme o mesmo cando a visito. Insiste coa mesma enerxía coa que me nego a que me pague algo práctico e entón ela réndese e di: "Ya sé lo que quieres" e cambiamos de...
7 novembre 2006

UN LIBRO MEU, EN ESPAÑOL

O día hoxe foi intenso e excepcional. Sentíame como Andrew Willye: paseino co móbil pranchándome a orella para acordar traducións e presentacións. Unha para o galego dun libro que levo anos defendendo e que escribiron dous amigos da que me hei ocupar,...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 452
Publicité