Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2014

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES
(Texto escrito para a mesa redonda do Simposio O libro e a lectura nos medios da Asociación Galega de Editores do 20 de novembro de 2014. Participaron Carme Vidal e Xesús Fraga, moderou Manuel Bragado) Hai uns días atopei en Twitter unha fotografía de...
Publicité
Publicité
30 septembre 2015

O VENTRE PROVIDENCIAL DE MIGUEL ANXO

O VENTRE PROVIDENCIAL DE MIGUEL ANXO
MARCHO QUE teño que marchar é unha frase feita, pero revela habibilidade para identificar o momento exacto para irse dun lugar. Eu nunca acertei a marchar en tempo e forma. Hai anos deime de baixa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O...
7 février 2016

A GRAN NOVELA GALEGA LEVOUME CATORCE ANOS

A GRAN NOVELA GALEGA LEVOUME CATORCE ANOS
A MIÑA TENSIÓN arterial volveu ao rego o pasado luns. Para logralo, movín tanto as pernas coma Chuck Berry coa súa guitarra sobre o escenario. Como me aburren as actividades mecánico-deportivas, coloco unha bici estática diante do televisor para pedalear....
20 juin 2016

FERVOROSOS PRINCIPIOS MANIATÁNDOME

FERVOROSOS PRINCIPIOS MANIATÁNDOME
CLASSIUS CLAY morreu en 1964. Mohamed Ali, o día 3. Classius Clay foi un boxeador intelixente, un líder que deu puñadas para facer ruído na denuncia do racismo. Abandonou un sistema occidental de crenzas porque restrinxía a súa liberdade e acabou someténdose...
15 décembre 2014

A FORZA DO NOSO AMOR PODE SER COMPLETAMENTE INUTLE

A FORZA DO NOSO AMOR PODE SER COMPLETAMENTE INUTLE
PATRICK MODIANO asegura en Accidente nocturno (Anagrama) que «os olores son o que resucitan mellor o pasado». Discrepo. O gusto é máis eficaz ca o olfacto. O gusto saborea as palabras para extraerlles as lembranzas —as felices, as dramáticas, as emotivas—,...
Publicité
Publicité
18 mars 2017

IBUPROFENO, CALDO DE GALIÑA E 'GUERRA E PAZ'

IBUPROFENO, CALDO DE GALIÑA E 'GUERRA E PAZ'
Os tres mellores remedios contra a enfermidade son unha caixa de ibuprofeno, galiña para caldo e un exemplar de ‘Guerra e paz’. O xoves perdín a guerra bactereolóxica coa vida. Houben de encamarme, pero non tiña a lucidez necesaria para escribir Na busca...
29 juillet 2017

VICENTE RISCO MORRE COMO MARÍA ESTUARDO

VICENTE RISCO MORRE COMO MARÍA ESTUARDO
TEMO QUE Vicente Risco levou o seu amor polos mitos demasiado lonxe. «O meu pai cría no Deaño como persoa», revela o seu fillo Antón en Risco segundo Risco (Galaxia), o libro de conversas con Arturo Lezcano. Os mitos son útiles na infancia, para explicarte...
6 août 2017

NUNHA PRAIA NUDISTA, CUBERTO POR TOLSTOI

NUNHA PRAIA NUDISTA, CUBERTO POR TOLSTOI
A PASADA FIN de semana vinme conducido a unha praia pola miña familia. É sabido que as clases medias que habitaban a Cova Eirós, en Triacastela, decidiron acabar cos clans e organizarse en familias. Nese momento, a liberdade individual foi botada á sima...
5 octobre 2017

MULLERES E HOMES, E VICEVERSA

MULLERES E HOMES, E VICEVERSA
"HAI QUE SALVAR a Rilke", escribiu a princesa Maria von Thurn und Taxis no seus diarios (Alianza) en 1916, décadas antes de que Spielberg copiase a frase para salvar o soldado Ryan. A nobre eximiu o poeta da obriga de marchar co exército austrohúngaro...
15 décembre 2017

MURGUÍA CAVA A TUMBA DE ROSALÍA

MURGUÍA CAVA A TUMBA DE ROSALÍA
FOI UNHA DESAS decisións que, se non se toman de súpeto, logo morren. Hai 60 ou 70 anos, non se sabe concretamente. Varios veciños da Terra Chá, a grande chaira ao norte do Ducado de Lugo, estaban nunha desas tabernas na que se citan o día e a noite....
11 mai 2017

ATRASO EN GALICIA, VANGARDA NA ARTE

ATRASO EN GALICIA, VANGARDA NA ARTE
EN GALICIA confundimos sensatez e inmobilismo. Vemos pasar os avances fugazmente, coma eses trens supersónicos que corresponden a un cupo alleo. Somos un país tan de vía estreita que nin cupo temos. O próximo Ave irá cara a Bilbao con apeadeiro en Vitoria....
28 mars 2016

FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!

FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!
OS NORTEAMERICANOS son eficaces clasificando a carencia de talento. No canto de dicir que o mérito dunha persoa é xenético, que é un fillo de, póñenlle junior tras o nome mundano; como a Frank Sinatra Jr. Nunca me cadrou compartir escenario en Las Vegas....
26 novembre 2016

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO
A superlúa foi unha megadecepción. Os únicos espectáculos irrepetibles son os naturais, por iso os valoro tanto. A seguinte superlúa brillará en 2034, seica. Non sei se estarei vivo daquela; nin sequera se terei ganas de estalo. Leo a Emile Cioran, o...
4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES
ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis...
30 septembre 2015

A RECORRENTE AMEAZA DE INVADIR POLONIA

A RECORRENTE AMEAZA DE INVADIR POLONIA
POLONIA É UN país moi invadible. Está situado entre o Sacrosanto Imperio Xermánico e a Gran Rusia, que son potencias cun ánimo cíclico de rexurdir. O meu veciño Félix invadía Polonia todos os sábados no seu salón. Nunca viña xogar connosco ao fútbol se...
23 avril 2016

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL
FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua...
22 mai 2014

O CAMPO DO PANO DE OURO

O CAMPO DO PANO DE OURO
Hai un Xosé Manuel Beiras que me interesa, o intelectual. O Beiras político adoita sobreactuar e cubrir dun boureo escuro as súas ideas lúcidas. Veño de lerlle nos papeis de El Progreso algo ben bonito. Pretende mudar Europa segundo o modelo de "Joyce,...
15 juin 2014

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO
TOMAR A VIDA con literatura é unha pedantería. Tamén un consolo. Nestes días, Lugo é unha paisaxe de bolsas negras esgazadas polos gatos, cervexa seca embebida en mexo e contedores verdes vomitando mondaduras de pataca e pan requentado pola calor. Trato...
14 septembre 2014

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN
Agosto estaba agonizando con dramatismo. Parecía protagonizar unha novela algodoneira de Faulkner. Eu tomaba un café nun balcón de Ribadeo. Abaixo, no medio da rúa, parou un coche escuro, brillante e longo coma as pernas de Liza Minelli en Cabaret. Descenderon...
7 décembre 2014

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS
ESTA SEMANA ASISTÍN a varios debates privados e economicistas sobre Retrato de la familia de Juan Carlos I, o cadro que Antonio López comezou candos os trens circulaban a 40 quilómetros por hora en Galicia. A velocidade media no transporte ferroviario...
2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO
HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran...
7 mars 2015

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA
NON SEREI EU QUEN use como diana o investimento realizado no vídeo de Noche y de día, de Enrique Iglesias. Acepto o panorama deses millóns de mozos facéndose unha idea, nun abrir e pechar de ollos que dura 43 segundos, do que é Galicia. «Hay calor en...
19 avril 2015

UNHA TORMENTA DE MERDA

UNHA TORMENTA DE MERDA
O ECONOMISTA J. M. Keynes casou no verán de 1925 con Lidia Lopokova. Tras a lúa de mel, Wittgenstein visitou ao matrimonio na súa casa de campo. Lidia temía a sona de túzaro do amigo filósofo do seu home, pero non puido evitar que o despistado Keynes...
4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES
A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga...
23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

 A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS
A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité