Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 juin 2014

TEMPOS INESTABLES PARA A LÍRICA

TEMPOS INESTABLES PARA A LÍRICA
Nos anos 80 Galicia limitaba ao norte coas revistas La Naval e Luzes, e ao sur coa Movida de Vigo. Manuel Rivas e os irmáns Pereiro achegaban a letra; Antón Reixa, Julián Hernández e German Coppini escribían a banda sonora. Non lonxe lles andaba Miguel...
Publicité
Publicité
13 juillet 2014

O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE

 O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE
A heroica cultura de Galicia durmía a sesta cando un tremor a axitou: a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar as Letras Galegas a José Filgueira Valverde. Como golpe de efecto é insuperable. A Academia, resignada a ser administradora concursal da...
2 novembre 2014

LOU REED NUNCA SOUBO QUE COLÓN ERA GALEGO

LOU REED NUNCA SOUBO QUE COLÓN ERA GALEGO
TODOS ACABAMOS por volver á casa, aínda que pasen anos. Lou Reed regresou á casa, quince discos máis tarde. Chamou ao álbum New York, sinxela e reveladoramente. Arrinca o disco cantando en Romeo had Juliette: «Atrapado entre as estrelas retortas/ entre...
24 juillet 2016

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE
CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou...
10 septembre 2016

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO
O DOMINGO PASADO estiven mirando Melancholia. Na película de Lars Von Trier celébrase unha voda sofisticada ao tempo que un planeta, Melancholia, se achega para estrelarse contra a Terra. Os anfitrións saben que o mundo será destruído, que morrerán. A...
Publicité
Publicité
10 février 2017

UNHA NOITE SOLITARIA NO HOTEL MALTA

UNHA NOITE SOLITARIA NO HOTEL MALTA
Non recordo terlle falado a ninguén de que Vázquez Montalbán se encerrou en vixilia nun museo de cera para contalo na Interviú. O LUNS POLA NOITE estaba sentado nun café con Óscar. Liberaba un longo e pesaroso monólogo baseado na idea de que a chegada...
6 mai 2017

UN MARUJA MALLO NO DORMITORIO DE ALMODÓVAR

UN MARUJA MALLO NO DORMITORIO DE ALMODÓVAR
RAY LORIGA TEN unha excelente ubicación ou unha creatividade excelente. Manuel Jabois entrevístao co gallo de ganar un deses premios de novela que requiren máis ubicación que creatividade. O escritor dedica boa parte da entrevista a presumir de ubicación...
2 juin 2017

HISTORIA AMPUTADA DA LITERATURA GALEGA

HISTORIA AMPUTADA DA LITERATURA GALEGA
O SANGUE DO PINTOR Basquiat sufría unha oxidación progresiva dende neno. Andy Warhol retratou con manchas escuras na cara, unhas manchas que lle acabarían aparecendo de xeito natural. Supoño que a xente que vive rápido acaba oxidándose antes. Warhol tiña...
6 janvier 2018

PÓLVORA SEN MAGNOLIAS NA DISCOTECA CANGLOR

PÓLVORA SEN MAGNOLIAS NA DISCOTECA CANGLOR
BRAULIO SOÑA máis bonito ca min. Falamos na profunda noite do Facebook sobre Voltaire. El soña tan bonito que logra que se lle apareza o pensador francés. Braulio di que Voltaire modula nas súas ensoñacións as mesmas voces impostadas que usaba para imitar...
30 décembre 2017

OLIVER LAXE SENTE UN ECO DA IDADE MEDIA

OLIVER LAXE SENTE UN ECO DA IDADE MEDIA
O REI JUAN CARLOS tomou poucas decisións na súa vida. Nin sequera decidiu nada a finais de 1975. Saía da Zarzuela á rúa mirando para un lado e para outro coa fin de que a Transición non o levase por diante. Deixou que lle impusexen a medalla de visionario...
26 novembre 2011

CANDO LORES DI +G, QUERE DICIR +GUILLERME

CANDO LORES DI +G, QUERE DICIR +GUILLERME
Lores fíxonos un spoiler do que vai ser o congreso do BNG: "+G", sentenzou usando un acróstico que para o alcalde pontevedrés non significa o mesmo ca para Aymerich. Para Lores, +G significa Máis Guillerme, segundo o principio da dimisión lampedusiá de...
18 avril 2015

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE
O LABREGO DE casa grande Estreptisíades protagoniza Las nubes (Alianza Editorial), a obra de Aristófanes que vén de publicar Alianza. Está preocupado porque o seu fillo soamente amosa interese polos cabalos. Acode en busca de consello á casa de Sócrates,...
9 mai 2015

AS LETRAS ENTRARÁN CON CALZADOR DE HERMÈS

AS LETRAS ENTRARÁN CON CALZADOR DE HERMÈS
O DEBATE MAIOR da cultura galega non é a curva de Angrois nin a desolación preferentista, nin sequera o pánico editorial ou a soedade dos teatros. Non, a cuestión que late nos nosos mellores cerebros é se un sabio coas mans manchadas de franquismo é digno...
24 juin 2017

A RISA DE ABEL CABALLERO NA CAMA

A RISA DE ABEL CABALLERO NA CAMA
A IMAXE É de 2011. Un artista cobra por transformar unha dependencia do Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo nunha habitación de hotel. O nome técnico e ridículo do proxecto que artellou o xaponés Michael Lin é instalación. O cambio de uso vén...
25 octobre 2015

OS AMIGOS DO CADÁVER DE BLANCO AMOR

OS AMIGOS DO CADÁVER DE BLANCO AMOR
RESULTA angustioso ler o xeito no que Galicia se desfixo de Eduardo Blanco Amor en 1979. Estaba léndollo agora mesmo a María Xosé Queizán. Un xornalista, César Lorenzo Gil, invitaba en Biosbardia á escritora a recrear as últimas vivencias con Blanco Amor....
6 juillet 2014

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR
Domingo foi un outsider. O seu destino estaba escrito na tona do mar. Naceu Rinlo, o porto ribadense ao que lle medraron casas ao redor. Porén, fixo a mili en verde, por terra, nunha localidade na que a vestimenta dos quintos era azul. "Cando volvía de...
17 novembre 2017

UN PARAUGAS DE LOITO CHAMADO RAMÓN

UN PARAUGAS DE LOITO CHAMADO RAMÓN
TEÑO A INCONSCIENCIA de andar sempre con menos roupa enriba da que preciso. Son perito en mendigar o sol, en camiñar buscando a súa calor dourada. Nunca cubro itinerarios racionais, senón que vou virando e desembocando por unhas rúas ou outras en función...
2 décembre 2017

AS PALABRAS SAGRADAS ASCENDEN AO CEO

AS PALABRAS SAGRADAS ASCENDEN AO CEO
O PASEO do sábado pola cidade amada parei diante dunha libraría. Hai unha nova libraría en Lugo, como hai dúas novas galerías de arte. Paréceme sentir que o xeo da cultura empeza a cruxir e abrirse nas montañas, e manar polos mil ríos do país. A libraría...
13 décembre 2011

AGUR, CULTURA GALEGA

AGUR, CULTURA GALEGA
A palabra 'agur' en euskara utilízase tanto para saudar como para despedirse. Culturgal convidoume o pasado xuño a participar na Feira do Libro e o Disco Vasco de Durango. Escoitara falar ducias de veces aos meus tíos sobre ela. Eles acuden todos os anos,...
21 janvier 2012

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"
Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados,...
13 février 2012

NO BLOQUE MARCHAN POR INANICIÓN

NO BLOQUE MARCHAN POR INANICIÓN
Son as seis da mañá. Veño de quecer unha triángulo de tortilla e facerme un café. Erguínme desacougado por saber o que aconteceu no niño. Vivo nun terceiro andar dunha vella casa cun xardín que renovan mensualmente dous rapaces armados con trebellos de...
12 octobre 2014

UNS CALZÓNS QUE SE POÑEN DE LUNS A DOMINGO

UNS CALZÓNS QUE SE POÑEN DE LUNS A DOMINGO
A cultura galega vive montada nun balancín: cando sobe Rosalía baixa Castelao e viceversa. Mantén un equilibrio de iconas paralizante. A programación cultural ten dous bandos: o bando de Rosalía e o bando de Castelao. Ambos os dous colaboran ás veces....
26 octobre 2014

O SECRETO DE CARLOS OROZA

O SECRETO DE CARLOS OROZA
M anuel Jabois empezou a traballar en Madrid o 1 de maio de 2013, coa prima de risco a 293 puntos. John Mitchell apeouse en Nova York un 25 de outubro de 1929, o día posterior á Gran Depresión. O positivo das crises é que causan unha miseria tan oceánica...
14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS
Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo....
2 mai 2015

'BASURA' NON É UNHA PALABRA ELEGANTE

'BASURA' NON É UNHA PALABRA ELEGANTE
O ESCRITOR Saul Bellow recolle en Todo cuenta a súa chegada a París en 1948. Aluga un apartamento no centro a unha señora. Bellow pregunta que ha facer coa basura. A señora irrítase: «Basura? En París a ninguén se lle ocorre facer semellante pregunta....
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité