Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 mars 2015

OS FILLOS QUE CHEGARÁN A BISPOS

OS FILLOS QUE CHEGARÁN A BISPOS
Os políticos cren na democracia. Son sinceros cando aseguran que todos debemos votar para designar os nosos gobernos. Hai un momento en que cambian o punto de vista e perciben a democracia como un instrumento perturbador e propiciador do caos. Cadra con...
Publicité
Publicité
22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA
Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu...
14 juillet 2014

POLO CAMIÑO DE XOÁN

POLO CAMIÑO DE XOÁN
O paseo de onte deino en coche polo Camiño de Xoán. Conducínme do norte ao sur do país, de Ribadeo a Ourense, para encontrarme con Juan Tallón; en adiante Tallón porque en Lugo os cidadáns soamente teñen apelido, a única certeza que nos ofrecen para diferenzalos...
8 avril 2016

O CANTANTE QUE PERFUMABA OS PÉS

O CANTANTE QUE PERFUMABA OS PÉS
A POUCO ESTIVEN de deixar en branco esta crónica sobre a deriva cultural do país durante cada semana. Despois reparei en que mandar a imprenta unha páxina en branco suporía imitar os xornalistas futbolísticos cando contan o partido de dous equipos ansiosos...
8 juillet 2014

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE
A mañá do sábado atopoume na terraza do Costa Verde, en Ribadeo; sentei a uns metros dunhas señoronas que se axeitaran na casa para responderen a todo o que se agarda dunhas señoronas de vila pretenciosa. Collían as olivas da tapa, que lles renderan nunha...
Publicité
Publicité
30 juin 2016

OS HEROES QUE SIGUEN LIBERANDO O RITZ

 OS HEROES QUE SIGUEN LIBERANDO O RITZ
RAFAEL CHIRBES deixara reservada unha novela de amor cando morreu. Non quixera vela publicada porque o protagonista era un amante. E o amado, tamén. Paris Austerlitz é unha historia de amor tan ilusionante de principio e tan amarga de final como calquera...
29 décembre 2016

BIGOTE

BIGOTE
San Agustín recomendaba «solvitur ambulando», é dicir, saír camiñar para poder despexar a mente e optar por unha das posibilidades. Agustín de Hiponia nacera no norte de Alxeria, polo que o seu mundo era de paso longo e ollada ancha. Eu non podería resolver...
9 juin 2017

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES
AS INSTITUCIÓNS con máis secretos non son axencias de espionaxe, son os matrimonios. A miña muller non sospeita o que curioseo no móbil cando nos deitamos. Fago un escorzo para que non vexa a pantalla. A flor do meu secreto, que diría cursimente Almodóvar,...
2 avril 2015

ATREVEMENTO

ATREVEMENTO
A primavera é un tempo de exaltación e de valentía, aínda que comezou por baixo das expectativas. En Lugo comeza no campus universitario para ir subindo cara ao resto da cidade. Pero este marzo aínda non se deu desvestido da muda invernal. Permanece en...
5 novembre 2015

A FILATELIA NAS NOVELAS DE ESPÍAS

A FILATELIA NAS NOVELAS DE ESPÍAS
NUNCA SENTÍN atracción por James Bond. Os ximnasios e as coctelerías non son lugares nos que me sinta cómodo. Por motivos ben diferentes en cada suposto. Estou lonxe de atender a cada nova película de 007. A última imaxe que teño da serie reúne a George...
12 novembre 2015

OITO MILLÓNS DE PIPAS NA TATE MODERN

OITO MILLÓNS DE PIPAS NA TATE MODERN
Este sábado consagrei a tarde a manexar un nivel de raio láser dos que se usan na construción. Pretendía colocar equilibradamamente un cadro de Mark Rothko no recibidor da miña casa. O láser é unha arma eficaz para as firmas de subastas dende que o físico...
1 avril 2016

O HOME QUE NAMORU DE EMMANUELLE

O HOME QUE NAMORU DE EMMANUELLE
O HISPANISTA Stanley Payne denunciaba o venres que «en España se usa la Historia para fines políticos». O historiador reprochábao ao vento como se fose unha singularidade española. A seguir, defendía que Franco deu o seu golpe de estado sen querer, porque...
8 septembre 2011

ETA TEN SOLDADOS CLON?

ETA TEN SOLDADOS CLON?
O 20-n volverei mirar Star Wars, eu souben que o actor que encarnaba a Darth Vader era Francisco Franco, dende que asistín á película nos cines Astoria de Bilbao, por volta do 77. O éxito mainstream do Generalísimo, un señor xeneralisimamente vulgar cunha...
2 octobre 2011

CONVIVO CUNHA BOTELLA DE XENEBRA

CONVIVO CUNHA BOTELLA DE XENEBRA
HAI ANOS QUE convivo cunha botella de xenebra. Sempre é a mesma e concreta botella de xenebra. O meu pai aburriu de cear na casa e redondear as sobremesas esmoleando xenebra nos bares dos soportais cercanos. Unha noite apareceu na casa cunha Bombay Sapphire....
23 novembre 2011

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"
"Como imos construír un país se o único debate é como gañar á UPG?", laiábase o sábado ao mediodía un exmilitante do Bloque cerca do parque de Rosalía de Castro. Eu viña de aparcar diante dos xuzgados, que estaban escoltados polos familiares duns romaneses...
12 décembre 2011

A RAG DEVOLVE A LOIS PEREIRO Á CLANDESTINIDADE

A RAG DEVOLVE A LOIS PEREIRO Á CLANDESTINIDADE
A Real Academia Galega volve acertar de cheo no Ano Pereiro. Vai pechar a celebración organizándolle unha homenaxe moi aquelada coa visión que o monfortino tiña da cultura: será o I Congreso Clandestino Lois Pereiro. A catro días de que comece non hai...
3 janvier 2012

UN DETENTEBALA CONTRA A BATERÍA DE RECURTES QUE NOS DISPARA

UN DETENTEBALA CONTRA A BATERÍA DE RECURTES QUE NOS DISPARA
Volveron as escuras pegas aniñar á altura do meu piso. Adoitan pasar a mudanza dos anos nun refuxio segredo que coidan en África, pero adiantaron o regreso. Na mañá de onte andaban brincando de póla en póla, cargando con ramalliños. Non me explico as...
13 mai 2014

CANDIDATURAS GREMIALISTAS AO EUROPARLAMENTO

CANDIDATURAS GREMIALISTAS AO EUROPARLAMENTO
A miña visión de Lidia Senra é de candidata gremial. Sei que sabe moito sobre gandeiría. Volveu demostralo nunha entrevista noturna na Radio Galega. Escoiteina para tratar de ver se a súa formación tan ampla nese campo abrangue outros, se en Bruxelas...
4 juin 2014

AS LIÑAS AZUIS DE TAKESHIS

AS LIÑAS AZUIS DE TAKESHIS
O paseo da mañá rematou coa sorpresa e o leve escándalo de ver que baixo o lombo da miña casa, na rúa de Galicia, están repintando as liñas azuis que clasifican as prazas para aparcar na ORA. A concesión municipal está cuestionada polo referendo á que...
18 juillet 2014

O ASNO DE BALAAM

O ASNO DE BALAAM
O paseo desta mañá estivo cheo de provocacións. Saín dende a miña casa na baixada ao peirao de Porcillán, que usaba Alfredo Deaño nos seus exemplos da Introduccion a la lógica formal (Alianza), que tanto lle prestaba ler a Leopoldo Calvo Sotelo. O paseo...
6 août 2014

KADDISH AO SOL

KADDISH AO SOL
Un sol de megaconstrución pesaba sobre a terraza do Costa Verde. O espazo de mesas e cadeiras de trinta metros cadrados era o único ámbito humanizado en Ribadeo na tarde agostosa de onte. Eramos unhas vinte persoas repartidas en grupos de catro, de dos...
16 août 2014

UNHA PRACA DOURADA

UNHA PRACA DOURADA
Outra noite de cear a medianoite como consecuencia do traballo. Deixei sorprender coma sempre polas canles de R. En CTK había unha película desas que teñen como principal valor estar producida nun país pobre, pero en TCM botaban Serpico, con Al Pacino....
22 septembre 2014

O IRMÁN DE ROSALÍA SUBIRÍA AS AUDIENCIAS

O IRMÁN DE ROSALÍA SUBIRÍA AS AUDIENCIAS
O consumo de televisión en Galicia baixou un 7 por cento dende 2007, aínda que o Luar non deixou de emitirse venres ningún. O Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales de 2013, que elabora a SGAE, confirma que o interese dos rapaces polos...
15 octobre 2014

MEXEI SOBRE OS MUROS DO PENTÁNGONO

MEXEI SOBRE OS MUROS DO PENTÁNGONO
Xavier Vence poñía antonte un novo cuño para facer patente a negativa do Bloque a pactar coa esquerda española e coa versión en miniatura do propio BNG que lidera Xosé Manuel Beiras. Aínda sendo eu partidario dun pacto coxuntural para as eleccións municipais...
20 octobre 2014

O ANO NO QUE LERA AO PREMIO NOBEL

O ANO NO QUE LERA AO PREMIO NOBEL
Hai un acontecemento que vives dúas veces na vida: sabes que é o Nobel. Hai un acontecemento que vives soamente unha vez: liches a ese Nobel. Nunha maña da semana pasada pareceume que rematara a Ocupación nazi de París. Mesmo sentínme sentado no Jeep...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité