Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 octobre 2014

SOPA LIONESA

SOPA LIONESA
Xermán Refojo publicaba esta mañá no seu Facebook unha imaxe de dúas mulleres facendo un estampado. Encantoume. Unha hora despois atopei a Refojo na froitería do Gadis. Pregunteille. "E un estampado lionés, colle o nome de Lyon", informoume antes de explicar...
Publicité
Publicité
9 novembre 2014

O RINOCERONTE QUE BUFABA COMO JAMES JOYCE

O RINOCERONTE QUE BUFABA COMO JAMES JOYCE
Teño escoitadas diversas versións sobre a existencia dunha elite, secreta e hermética, formada polas persoas que leron —ata a fondura de entendelo— o Ulises de James Joyce. Durante anos negueime a crelo. Unha tardiña, vagando pola Praza Maior de Lugo,...
26 novembre 2014

QUINCE MIL PASOS DE PAPEL

QUINCE MIL PASOS DE PAPEL
A muller atou a miña saúde a unha desas pulseira negras que contan os pasos. Encargoume 15.000 diarios. Cando saín da casa, contra as nove, para levar a Antón ao colexio o ceo amosaba un gris continuado e frío. O vento, un O-NO sopraba a 1 km/h, polo...
8 mars 2015

UN XANTAR HIPOTÉTICO CON MANUEL DE LORENZO

UN XANTAR HIPOTÉTICO CON MANUEL DE LORENZO
A cita consistía en xantar con Manuel de Lorenzo o sábado. Manuel de Lorenzo e máis eu soamente, pero eu leveime a Antón (+8) porque estaba desparellado de nai e irmá. Manuel ten un costume ourensán -inventado polo ciceronián Baltar de Senectute- consistente...
17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO
SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia...
Publicité
Publicité
8 juillet 2017

CALIFORNIA ESTABA DETRÁS DO CEMITERIO

CALIFORNIA ESTABA DETRÁS DO CEMITERIO
A BANDA INGLESA Radiohead tivo un novo éxito a semana pasada no Festival de Glastonbury. Foi un tema que interpretaron horas antes da súa actuación. Logo de calar o cantante, Thom Yorke, o público aplaudiu con entusiasmo esa nova canción, tan inspirada...
27 septembre 2011

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN
Hai pasados que prefiro deixar onde estaban. Esta fin de semana achegueime ao Laboratorio Europeo de Física de las Partículas (CERN) de Xenebra. Introducínme no acelerador de partículas para sentirme coma Michael J. Fox en Regreso al futuro, aínda que...
24 septembre 2011

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)
A primeira hora de onte, segundo deixei aos cativos no colexio, achegueime á miña biblioteca pública de referencia para retirar dous manuais de divulgación científica. O diálogo con Quique Bordell prendeu en min o misto de que, tal vez, a física cuántica...
27 juin 2015

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS
HAI UN CHISTE recorrente que me fai unha graza estúpida: «Dimitir, ese nome ruso...» Dimitir é un verbo en desuso, como outras tantas palabras do galego; que quedaron perplexas, tan desorientadas como está a nosa lingua en si. Manuel Guede, o director...
20 décembre 2011

AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA

AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA
Estou vivindo unha segunda mocidade. Con 13 anos comentín todas as parvadas sen base lóxica que se deben cometer. Agora reproduzo en plasma a xuventude de Telefunken en branco e negro a través da miña filla. Eu sempre lle tiven indeferenza as sinaturas...
21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO
O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión...
10 janvier 2015

O PECHE DA MENTE GALEGA

O PECHE DA MENTE GALEGA
A dereita francesa escoita argumentariamente a Eric Zemmour, o xornalista que traballa en Le Figaro. Zemmour, o galo entre galos, como adoita acontecer è fillo da chegada: è xudeo de orixe alxeriana e està casado cunha xudea de orixe marroquiana. Enche...
11 septembre 2011

O MISTERIO DOS XEMELGOS RÚA

O MISTERIO DOS XEMELGOS RÚA
Os mitos tardan en caer; pero cando caen, caen de vez. Tempo atrás pedía eu con confianza de non cometer un ridículo un Viña Leiriña aos camareiros. Robert Parker, o crítico galáctico da revista Wine Advocate outorgáralle 90 puntos e iso cubría todas...
16 septembre 2011

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE
LUGO ESTASE volvendo perigoso polas noites. O luns volvía para casa tratando de que a carroza non se me transformase en cabaza cando atopei a Quique Bordell. Quique, tan imprevisible como a súa pintura, prendeu a falarme de física cuántica, esa que estuda...
30 septembre 2011

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO
O TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou...
8 octobre 2011

FÉLIX ROMEO, UNHA BÓLA DE LUME

FÉLIX ROMEO, UNHA BÓLA DE LUME
Félix Romeo era unha bóla de lume. Aquela noite outonal de 1999 falamos por teléfono sobre algo persoal, pero fundamentalmente a respecto de Fole mentres el miraba un partido do Schalke 0-4. El exercía de conserxe na Biblioteca de Babel. Meses máis tarde...
10 octobre 2011

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO
A foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores...
23 octobre 2011

A ESTATURA DO CALÇOTEIRO

A ESTATURA DO CALÇOTEIRO
TODO HOME PRECISA dun amigo ao que podia confiarlle un churrasco. No meu caso, Lois conta con toda a miña confianza para ocuparse de asar tres quilos de costeleta e media ducia de criollos porque é un experto. Niso, e en calquera outra ocupación que lle...
3 novembre 2011

CARMEN LOMANA, PEDRO J, SARTRE E MÁIS EU

CARMEN LOMANA, PEDRO J, SARTRE E MÁIS EU
Carmen Lomana non me convidou a valerlle en '¡Mira quien baila!'. Para ela son un imperfecto descoñecido porque coñece un chisco de min: sabe que son 'galleguiño'. Ando beirando ser perfectamente 'galleguiño', pero ela definiume así nun tweet, non dou...
7 novembre 2011

BRANCOS, INDIOS E NEGROS, TODOS ELES ESPIDOS E BERRANDO COMA TOLOS

BRANCOS, INDIOS E NEGROS, TODOS ELES ESPIDOS E BERRANDO COMA TOLOS
XABIER QUEIPO vive no corazón da escuridade, no centro de África. A causa soamente o coñecen Conrad e máis el. Conrad xa nos conta en Tifón (traducido por Queipo para Sotelo Blanco) as súas motivacións para navegar lonxe das augas xurisdiccionais de Polonia,...
10 novembre 2011

FRAZIER ESTABA CANSO PORQUE MORRER DEBILITA MOITO

FRAZIER ESTABA CANSO PORQUE MORRER DEBILITA MOITO
Eu falaba coa miña muller a través do móbil en plan grego. Decidíamos en referendum doméstico se pagabamos a hipoteca ou exercíamos a democracia contra Bankia. O espectador sentado ao meu carón termaba do sombreiro coas mans rabuñadas de fendas coma se...
16 novembre 2011

CANDO RUBÉN ERA ROBERT SMITH

CANDO RUBÉN ERA ROBERT SMITH
Algunhas vidas privadas son vocacionais. Rubén vivía nunhas dimensións lendarias no Santiago no que os 80 que se despreguizaba da longa noite marcial. Daquela eu tiña 18 anos e horas para derrochar coma se botase Möet Chandon na bañeira, en plan Dennis...
15 décembre 2011

OS OMNÍLOGOS AQUILATAN PEREIRO E NOS ALEDAN CUN ALALÁ

OS OMNÍLOGOS AQUILATAN PEREIRO E NOS ALEDAN CUN ALALÁ
Lois Pereiro foi unha desgraza para a cultura galega. Todo o que vía antes de morrer estaba destinado a sobrevivirlle. O problema está aí, que todos o sobrevivimos. Ningún creador posterior se lle pode comparar. Foi o escritor máis acertado, informado,...
28 janvier 2012

NON VALEMOS PARA CABALOS SALVAXES

NON VALEMOS PARA CABALOS SALVAXES
Uns deses cabalos que vagaban ás ceibas ao ancho de Ribadeo empezou a berrar por Shakespeare cando reparou en que a lazada dun xinete apreixaba o seu pescozo: “O mundo non é amigo teu, nin as leis do mundo!” Aínda que a nós, como raza galega, préstannos...
2 février 2012

RICARDO VENCEU NO CAUCUS DE AMIO #anBNG

RICARDO VENCEU NO CAUCUS DE AMIO #anBNG
Abondaba con que lesen o Ricardo III de Shakespeare e unha biografía de Adenauer, o presidente que quitou a Alemaña do lameiro postbélico. Non van facelo porque todo o que len os nosos políticos son os dossieres que lles manda memorizar o partido nas...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité