Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS
A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un...
Publicité
Publicité
7 décembre 2016

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA
GÚSTAME acompasarme coa luz do día. No verán debo madrugar para gozala ao amencer; pero agora, na invernía lúgrube, podo xirar sobre min mesmo na cama como se fose un polo que asa a lume lento. Erguerme cedo dáme tempo para ler. O xoves, por exemplo,...
1 juillet 2017

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS
DEUS INSPIROU a escrita da Biblia coa mesma ambición de grandiosidade e durabilidade que Cecil B. DeMille cando dirixiu a Charlton Heston en Os dez mandamentos. Deulle unha caxato e mandouno a separar as augas do mar Vermello. Non llo puxo fácil. Esa...
3 mars 2018

SOLDADOS DO AMOR, MARIÑOS DE BROMURO

SOLDADOS DO AMOR, MARIÑOS DE BROMURO
ANÍBAL MALVAR soaba pesaroso ao outro lado do teléfono. Chamárao para informar sobre o secuestro de Fariña (Libros del KO) de Nacho Carretero. Toda a miña empatía, Nacho. Aníbal escribiu novelas negras nas que era o protagonista: facía de canalla —variante...
8 septembre 2017

NACIÓN DE BREOGÁN, NACIÓN DE MEIRÁS

NACIÓN DE BREOGÁN, NACIÓN DE MEIRÁS
AGORA QUE ESPAÑA está nas súas postimerías polo avispeiro catalán, trato de coñecer a definición de Galicia para o 2 de outubro. Consulto o Twitter de Cascarelo coa fin decoñecer os avances nominativos. O PSOE acollera a proposta murguiana de «nación...
Publicité
Publicité
6 juin 2015

O NÚMERO ÁUREO NO CGAC: TRINTA TELEFAXES

O NÚMERO ÁUREO NO CGAC: TRINTA TELEFAXES
O Hamburguer Bahnhoff amosaba hai anos o Mao feminizado e en technicolor de Andy Warhol. Botei un bo pedazo solitario mirando fixamente ese cadro no que fóra sala de espera da grandiosa estación de Hamburgo, en Berlín. Trataba de regresar coa imaxinación...
10 juillet 2016

A MIÑA AVOA NON SOBREVIVIU AO BREXIT

 A MIÑA AVOA NON SOBREVIVIU AO BREXIT
FOI NA CASA da miña avoa Aurora Zaldibar onde lin por vez primeira a Charles Dickens, Agatha Cristhie e Robert Louis Stevenson. A miña avoa vivía en Londres sen vivir. Nunca estivo na cidade, máis que nada porque a paga dunha mestra xubilada dos anos...
23 novembre 2017

DESCREIMENTO, AMBICIÓN E ESTÓMAGO

DESCREIMENTO, AMBICIÓN E ESTÓMAGO
Rosalía foi unha escritora excepcional, a segunda mellor dos nosos. Eu prefiro a Cunqueiro pola súa potencia para recrear o imposible e facer manar a lingua no deserto do real. Este debate entre os dous autores non existe, seino. Nin vai existir porque...
28 mai 2016

A PESAR DE SER DA UPG ( E UN TRADUTOR BENGALÍ)

A PESAR DE SER DA UPG ( E UN TRADUTOR BENGALÍ)
A ESTA ALTURA desa superprodución fílmica que é o Día das Letras Galegas coñezo as escenas de memoria. Como hai tantos lucenses que escribiron ben e outros que o fixeron decentemente teño asistido a unhas cantas celebracións. Non me queixarei. Divírteme....
1 juin 2014

O DEPORTE MÁIS NOBRE AO AIRE LIBRE

O DEPORTE MÁIS NOBRE AO AIRE LIBRE
O MEU TÍO JUAN, que era carlista-leninista, marchou convencido á División Azul. Descansaba do sobreesforzo da Guerra Civil no cuartel do Conde Duque, en Madrid. Fartara de atopar espidos e mortos —que diría Mailer— como todos os demais, pero o seu ánimo...
25 janvier 2015

O CEO DO SAVOY ESTRELADO DE OBUSES

O CEO DO SAVOY ESTRELADO DE OBUSES
NO ANO 1983 o meu pai mandoume en misión diplomática á Universidade de Santiago. Como non tiña intención algunha de memorizar libros; unicamente de lelos, busquei un lugar equidistante de dúas facultades áulicas: Dereito e Farmacia. Xusto nese punto,...
22 mai 2015

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE
FRANCIA TIVO como ministro de Cultura ao escritor André Malraux, Galicia tivo como conselleiro de Cultura ao escritor Alfredo Conde. Ambos feitos son exemplos que explican a diferenza de tamaño entre ambas as culturas. Estaba onte mesmo lendo na cociña...
13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI
ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera....
17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS
NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes...
10 février 2018

OS QUERUBINS QUE PROVOCAN AS NEVADAS

OS QUERUBINS QUE PROVOCAN AS NEVADAS
CAMIÑABA POLA rúa de Lugo na que Ánxel Fole quedou convertido en estatua de sal. O escritor pena a súa nostalxia retrógada. Quedou eternizado en bronce coma os romanos de Pompeia quedaron fotografados pola lava do Vesubio. Foi dobrar a esquina da rúa...
17 février 2018

LONGA NOITE DE BEBIDAS ENERXÉTICAS

LONGA NOITE DE BEBIDAS ENERXÉTICAS
A NOITE EMPEZA cando tropezas con dúas latas de Red Bull no portal da casa. Deducino porque lle lin a Valle Inclán que «la batalla comienza cuando los ojos llegan a mirarla». Valle Inclán aprendeuno cando sobrevoou a Primeira Guerra Mundial para o diario...
27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR
Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola...
28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS
A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea....
9 novembre 2017

PAXE DE PRINCESA E CRONISTA D O REINO

PAXE DE PRINCESA E CRONISTA D O REINO
A ÚNICA VIDA QUE non me interesa é a miña. Por iso, dedico o ocio a asomarme ás vidas alleas. Entrei nun hotel de cinco estrelas, en Santiago, para observar rentistas e herdedeiros que se pagan ese luxo un martes pola tarde. Sentei na cafetería de dous...
23 septembre 2015

MANUEL MARÍA COMO EXCUSA MORAL

MANUEL MARÍA COMO EXCUSA MORAL
(Crónica publicada no suplemento Táboa Redonda de El Progreso) A ACADEMIA GALEGA indicou en xullo o tema para a redacción que escribiremos nesta volta ao curso escolar: Manuel María. Tras o anuncio, a intelectualidade marcha de vacacións. Ao cabo, a cultura...
14 décembre 2015

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE
O domingo pasado morreu Holly Woodlawn. Haroldo non se chamaba Holly nin nacera muller. Colleu o nome de Holly da protagonista de Almorzo en Tiffany’s, de Capote, e a sona de Walk on the wild side, a canción de Lou Reed. «Holly veu de Miami/ atravesou...
21 janvier 2017

LEE MILLER NA BAÑEIRA DE HITLER

LEE MILLER NA BAÑEIRA DE HITLER
AO PRINCIPIO DA súa estadía nos Estados Unidos, Vladimir Nábokov foi curtar o pelo. O perruqueiro, segundo extendía a tea branca sobre o peito, sinalou: «Nótase que é vostede inglés, acaba de chegar a América e escribe vostede nun xornal». «Como pode...
13 janvier 2017

OS MEUS FILLOS NON TRABALLARÁN A TERRA

OS MEUS FILLOS NON TRABALLARÁN A TERRA
O MARTES FUN VER a película de ciencia ficción Passengers (Pasaxeiros). Uns habitantes da Terra emigran a outro planeta para renovar as súas vidas. Está protagonizada por unha boa actriz que é guapa, Jennifer Lawrence, e por un guapo que vaia por Deus...
15 juillet 2017

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS
HOUBO UNHA frase de Milena Busquets que atrapei ao voo, como se atrapan as primeiras moscas do verán, cando aínda están facendo un voo de recoñecemento do mundo. «Los hombres elegantes leen a los rusos», dicía a escritora. Seica que é filla da editora...
23 décembre 2017

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO
CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité